A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar do Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744msnm, na fronteira setentrional que linda coa China.