O patois xamaicano (patwa, jumiekan, jamiekan) é unha lingua crioula baseada no inglés con influencias de África Occidental, falada principalmente en Xamaica e pola diáspora xamaicana. A lingua desenvolveuse durante o século XVII, cando os escravos de África Occidental e Central (gran número de verbas de orixe akan)[1] foron obrigados a aprender as diferentes variedades do inglés dos seus amos. Os xamaicanos refírense á súa lingua como un patois. O termo patois procede do francés antigo e significa dialecto local ou rexional.
Alleyne, Mervyn C. (1980). Koroma, ed. Comparative Afro-American: An Historical Comparative Study of English-based Afro-American Dialects of the New World.