Incheon
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Corea do Sur | ||||
| Contén a división administrativa | Bupyeong-gu Dong District (en) Ganghwa Gyeyang-gu Jung District (en) Michuhol District (en) Namdong District (en) Ongjin County (en) Seo District (en) Yeonsu-gu | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.049.315 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua coreana | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.046,807 km² | ||||
| Altitude | 7 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1883 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Incheon Metropolitan Government (en) | ||||
| • Mayor of Incheon (en) | Paul Yoo (2014–2018) | ||||
| Órgano lexislativo | Incheon Metropolitan Council (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | KR-28 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | incheon.go.kr | ||||
Incheon (en coreano : 인천; 仁川 ), Inchon ou Inch'on é unha cidade e porto principal de Corea do Sur situado na costa oeste do país, ao oeste da capital Seúl (서울; Seúl ). Constitúe unha "cidade metropolitana" (ver Subdivisións de Corea do Sur ), polo que o seu nome oficial completo é Cidade Metropolitana de Incheon (인천광역시; 仁川廣域市; Incheon Gwangyeoksi ). O nome Inchon ou Inch'on provén da transliteración anterior (sistema de romanización McCune-Reischauer): Inch'ŏn Kwang'yŏksi.

Atópase a 28 km de Seúl e está situada na mesma latitude que San Francisco, Washington, Madrid e Teherán. Incheon é a terceira cidade máis grande de Corea do Sur, despois de Seúl e Busán, e contaba con 2,6 M de habitantes en 2009.[1]
Está irmandada co Río de Xaneiro.[2]
A cidade está dividida en dez distritos administrativos: oito distritos (gu) e dous condados (gun).
O Metro de Incheon e o Metro da Área Metropolitana de Seúl están conectados (liña 1) e o traxecto desde a estación de Incheon até a estación de Seúl dura aproximadamente unha hora.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de Incheon comeza no reino de Goguryeo no ano 475, baixo o reinado do rei Jangsu. O seu nome orixinal era Michuhol; cambiou varias veces ata ser renomeada como Incheon-gun no 13.º ano do reinado do rei Taejong, durante o período Joseon. En 1949, despois da liberación de Corea en 1945, Incheon reorganizouse como cidade. Finalmente, foi renomeada Cidade Metropolitana de Incheon en 1995.[3]
Durante a Guerra de Corea tivo lugar a Batalla de Incheon, liderada polo xeneral estadounidense das Nacións Unidas Douglas MacArthur, que culminou nunha vitoria decisiva.[4] En sinal de gratitude, a finais da década de 1950 erixiuse unha estatua de bronce de MacArthur nun parque central de Incheon que domina a zona marítima pola que desembarcaron as súas tropas.[5]
Cultura e turismo
[editar | editar a fonte]Incheon é coñecida polos Xogos Asiáticos de 2014, o Aeroporto Internacional de Incheon, o Porto de Incheon, a Cidade Internacional de Songdo, o Metro de Incheon e o Estadio Munhak World Cup.
O condado de Ganghwa (Illa de Ganghwa) destaca polos dólmens declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os tecidos hwamunseok, un tipo de alfombra decorada, son outro produto típico de Incheon. A beleza destas pezas feitas a man converteunas nun dos produtos tradicionais coreanos máis apreciados.[6]
A illa de Wolmi (Wolmido) foi unha base militar xaponesa durante o período colonial e un posto avanzado na batalla de Incheon. Hoxe é un dos destinos turísticos máis populares da área metropolitana. Ao longo do Paseo Cultural de Wolmido, de 1 km, abondan cafés e restaurantes. A illa tamén é famosa polos seus artistas de rúa, retratistas e polo Festival de Wolmi.[7]
Zona Económica Libre de Incheon
[editar | editar a fonte]Co obxectivo de se converter nun centro económico internacional e nun polo empresarial e de servizos de Asia, Incheon está a desenvolver unha zona económica libre nas áreas de Songdo, Cheongna e a illa de Yeongjong. A Zona Económica Libre de Incheon, a primeira de Corea, foi designada oficialmente polo goberno coreano en agosto de 2003 e estaba prevista para 2020.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "지역별 인구 및 인구밀도 (Poboación e densidade de poboación por rexión)". Statistics Korea. Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ "Câmara do Rio de Janeiro - irmanação com Incheon".
- ↑ "Historia de Incheon". Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ "Marine Corps Battle Of Incheon". U.S. Military.com. Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ "Professor condemns U.S. military's role in Korean War". The Korea Herald. Consultado o 16 de setembro de 2016.[Ligazón morta]
- ↑ KTO, Korea Tourism Organization. "Centro Cultural Hwamunseok de Ganghwa (강화화문석문화관): VISITKOREA". Centro Cultural Hwamunseok de Ganghwa (강화화문석문화관) (en castelán). Consultado o 2025-08-11.
- ↑ Sora (2021-09-26). "Wolmido à Incheon : Guide complet sur l'île". Hello la Corée (en francés). Consultado o 2025-08-11.
- ↑ "인천경제자유구역 (Zona Económica Libre de Incheon)". Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ "S-Campus". songdo.yonsei.ac.kr. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 2025-08-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Incheon |
- Páxina oficial da Cidade Metropolitana de Incheon
- Aeroporto Internacional de Incheon Arquivado 02-09-2011 en Wayback Machine.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

