Haifa
| חֵיפָה (he) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| País mediterráneo | Israel | |||
| Distrito | Distrito de Haifa (pt) | |||
| Subdistrito | Haifa Subdistrict (en) | |||
| Capital de | ||||
| Contén a división administrativa | Downtown (en) HaKarmel (en) Hadar (en) Haifa Bay Quarter (en) Haifa West (en) Nave Sha'anan - Izraeliya (en) Q12048871 Qiryat Hayyim – Qiryat Shemuel (en) Ramot Nave Sha'anan (en) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 282.831 (2021) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 57 km² | |||
| Altitude | 475 m | |||
| Datos históricos | ||||
| Creación | 1761 | |||
Evento clave
| ||||
| Organización política | ||||
| • Mayor of Haifa (en) | Yona Yahav (pt) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 33000 | |||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | haifa.muni.il | |||
Haifa (en hebreo: חֵיפָה, Ḥeifa; árabe: حيفا, Ḥeifa) é a cidade máis grande do norte de Israel, e a terceira cidade máis grande do país, despois de Xerusalén e Tel Aviv,[1] cunha poboación arredor de 282.832 habitantes en 2021.[2] É unha das cidades mixtas de Israel, cunha poboación árabe-israelí dun 10%.[3] Tamén alberga o Centro Mundial Bahá'í, da Fe Bahá'í, Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[4]
Haifa, construída nas ladeiras do Monte Carmelo, ten unha historia que se remonta aos tempos bíblicos. O asentamento máis antigo nas proximidades foi Tell Abu Hawam, unha pequena cidade portuaria establecida a finais da Idade de Bronce (século XVI a.C.).[5] Ao longo dos séculos, a cidade cambiou de mans: foi conquistada e gobernada por bizantinos, árabes, cruzados, otománs e británicos. Durante e despois da batalla de Haifa na guerra de Palestina de 1948, a maior parte da poboación árabe da cidade fuxiu ou foi expulsada, e a Cidade Vella foi posteriormente demolida. [6] Ese ano, Haifa pasou a formar parte do entón acabado de establecer estado de Israel.
Hoxe, a cidade é un porto importante situado na costa mediterránea de Israel na baía de Haifa, que abarca 63,7 quilómetros cadrados. Está situado a uns 90 quilómetros ao norte de Tel Aviv e é o gran centro rexional do norte de Israel. Dúas institucións académicas respectadas, a Universidade de Haifa e o Technion - Instituto de Tecnoloxía de Israel, están situadas en Haifa; a cidade xoga un papel importante na economía de Israel. A cidade ten varios parques de alta tecnoloxía, incluíndo o máis antigo e máis grande do país, un porto industrial e unha refinería de petróleo. Haifa era anteriormente o punto máis occidental dun oleoduto que chegaba de Iraq a través de Xordania.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Localities, population and density per sq. km., by metropolitan area(1) and selected localities 2019" (PDF). Central Bureau of Statistics (en inglés). 2020-09-15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2021-04-26. Consultado o 2021-04-26.
- ↑ "Hefa (Haifa)". City Population (en inglés). Consultado o 2026-03-22.
- ↑ "The Arab Population of Israel 2003" (PDF) (en inglés). Israel Central Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2007-12-01. Consultado o 2008-01-03.
- ↑ UNESCO World Heritage Centre (2008-07-08). "Three new sites inscribed on UNESCO's World Heritage List" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2008-07-10. Consultado o 2008-07-08.
- ↑ Encyclopaedia Judaica, «Haifa», Keter Publishing, Xerusalén, 1972, vol. 7, pp. 1134–1139
- ↑ Khalidi, Walid (primavera de 2008). "The Fall Of Haifa Revisited" (PDF). Journal of Palestine Studies (en inglés). XXXVII (3): 30–58. ISSN 1533-8614.
- ↑ Cohen, Amiram. "U.S. Checking Possibility of Pumping Oil from Northern Iraq to Haifa, via Jordan". Haaretz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2008-06-03. Consultado o 2008-12-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haifa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Páxina oficial - Concello de Haifa" (en hebreo).

