close
Saltar ao contido

Game Boy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Game Boy
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Título
Gēmubōi (ja) Editar o valor en Wikidata
Características
 Marca
 Sistema operativo
sen valor Editar o valor en Wikidata
 Procesador
 Fonte de enerxía
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Datas
 Descontinuación
23 de marzo de 2003 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
21 de abril de 1989 (Xapón)
28 de setembro de 1990 (Europa)
31 de xullo de 1989 (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
BERJAYA Game & Watch (28 de abril de 1980 - ) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
Prezo89.95 $ (1989) Editar o valor en Wikidata
Unidades vendidas118690000 (31 de marzo de 2022) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dv3zf Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
BERJAYA
Parte posterior dunha Game Boy. Nótese que, ao contrario das etiquetas pegadas nos modelos sucesores (agás a Micro) a información da consola está gravada no plástico da carcasa.

A Game Boy (en xaponés: ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha consola de videoxogos portátil desenvolvida e manufacturada pola empresa xaponesa Nintendo, que posúe un procesador de 8 bits. Esta consola de cuarta xeración foi lanzada por primeira vez ao mercado no Xapón o 21 de abril de 1989, chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome (Liña Game Boy). Foi creada por Gunpei Yokoi, Satoru Okada e o equipo de desenvolvemento Research and Development 1 da Nintendo.

A Game Boy foi o segundo sistema portátil da Nintendo despois das series da Game & Watch iniciada en 1980 e collía elementos tanto da propia Game & Watch coma da NES.[1] Tamén foi a primeira videoconsola portátil que incluía o xogo do Tetris.

A consola posúe unha pantalla de matriz de puntos cun potenciómetro de contraste, cinco botóns de control do xogo (un D-pad, dous botóns de xogo, e "Start" e "Select"), un único altofalante cun dial de volume axustábel e, ao igual que as súas rivais, utiliza cartuchos como soporte físico para os xogos. A combinación de cores está formada por dous tons de cinsento con acentos de negro, azul e maxenta escuro. As esquinas desta consola rectangular están suavemente arredondadas, agás na esquina inferior dereita, que está curvada.

Malia que durante o período no que foi comercializada foron introducidas no mercado novas videoconsolas portátiles máis avanzadas tecnoloxicamente, a Game Boy continuou a ter un enorme éxito. As vendas combinadas da Game Boy e da súa sucesora, a Game Boy Color, acadaron no mundo a cifra de 118,69 millóns de unidades vendidas.[2][3]

A Game Boy é un dos dispositivos máis recoñecíbeis da década de 1990, converténdose nunha icona cultural nos anos posteriores ao seu lanzamento. Durante a súa vida útil lanzáronse dous redeseños; a Game Boy Pocket en 1996 e a Game Boy Light en 1998 (esta última só no Xapón). A produción da Game Boy continuou até 2003,[4] moitos meses despois do lanzamento da súa segunda sucesora, a Game Boy Advance, en 2001.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

A Game Boy foi deseñada polo enxeñeiro xefe de Nintendo Gunpei Yokoi, Satoru Okada e o seu equipo Nintendo R&D1;[1][5] Yokoi ocupouse do deseño industrial da consola namentres que Okada ocupouse da súa enxeñaría. Após a popularidade da Nintendo Entertainment System, Yokoi mantivo unha reunión co entón presidente de Nintendo Hiroshi Yamauchi, dicíndolle que podía facer unha consola portátil con xogos intercambiábeis. O nome en clave interno orixinal da Game Boy é Dot Matrix Game,[6] en referencia á súa pantalla de matriz de puntos en contraste coa serie Game & Watch precedente (que Yokoi creara en 1980) que ten LCD segmentadas preimpresas, o que limitaba cada modelo a só xogar un xogo. As iniciais DMG chegaron a figurar no número de modelo do produto final: "DMG-01".

Satoru Okada e Yokoi dirixiron o desenvolvemento da consola, o que provocou desacordos. Yokoi opinaba que a consola podía ser pequena, lixeira, duradeira, ter éxito e contar cunha biblioteca de xogos recoñecíbel. Shigesato Itoi visitou Nintendo e concibiu o nome "Game Boy" para a consola que Yokoi estaba a deseñar. A reacción interna á Game Boy en Nintendo foi inicialmente moi pobre, o que lle valeu o alcume despectivo de "DameGame" por parte dos empregados de Nintendo, no que dame (だめ) significa "sen esperanza" ou "inútil".[7][8] A Game Boy presentouse como prototipo en 1987 e posteriormente exhibiuse en varias feiras do sector. O dispositivo incorporaba un elemento de deseño clave do seu predecesor, o Game & Watch: o mando de control direccional de 8 direccións, a miúdo denominado "D-pad". O concepto foi desenvolvido por Gunpei Yokoi e o seu equipo de I+D1. Yokoi recoñeceu que os joysticks tradicionais poderían dificultar a portabilidade dos dispositivos portátiles. Como resultado, deseñou o D-pad, un mando plano que non se estendería máis aló da carcasa do dispositivo portátil.[9] Hiroshi Yamauchi estimou que a consola acadaría unhas vendas superiores aos 25 millóns de unidades nos seus tres primeiros anos,[10] unha afirmación que se considerou atrevida para a época.[9]

A filosofía de Nintendo centrábase na crenza de que o atractivo dunha consola viña determinado principalmente pola calidade dos seus xogos. Con esta idea en mente, Gunpei Yokoi e Satoru Okada desenvolveron Super Mario Land, unha adaptación portátil do xogo Super Mario Bros., coa intención de que fose o título estrela da Game Boy. Porén, Henk Rogers chamou a atención de Nintendo of America sobre o xogo de fabricación soviética Tetris. Malia a sinxeleza dos seus gráficos e da falta dunha marca coñecida, a idoneidade do Tetris para unha plataforma portátil convenceu ao presidente de Nintendo of America, Minoru Arakawa, para portalo e empaquetalo coa Game Boy. Como resultado, o Tetris incluíuse coa Game Boy en todas as rexións agás no Xapón no intre do seu lanzamento,[9] que tivo lugar no Xapón o 21 de abril de 1989, seguido por Norteamérica en xullo dese mesmo ano e Europa en setembro do ano seguinte. Nintendo gastou 10 millóns de dólares na comercialización da Game Boy.[11]

En España comezou a publicitarse dende o seu desembarco en Europa a un prezo de 15 900 pesetas (ostensibelmente importada doutras partes de Europa),[12] aínda que a súa distribución oficial comezaría a manexala a empresa Erbe Software a partir de xaneiro de 1991,[13] estabelecendo un prezo final de 18 900 pesetas.[14] A contraportada das primeiras versións españolas dos videoxogos de lanzamento están datadas con dereitos de distribución de 1991. Tras a instauración de Nintendo España en 1993, as rendas da distribución no país pasaría a tomalas Nintendo sen ningún tipo de intermediación.[15][16]

Características

[editar | editar a fonte]

Os controis principais para xogar na Game Boy están situados na metade baixa da súa parte frontal. Ten catro botóns denominados "A", "B", "Select" e "Start", así como un botón direccional. As funcións de cada un destes botóns varía dun xogo a outro.[17] No seu lateral dereito dispón dun control dial para o volume e outro no lateral esquerdo para axustar o contraste da pantalla.[17] Na parte superior disponse o botón de apagado-acendido así como a rañura na que se introducen os cartuchos cos videoxogos.

A Game Boy tamén tiña as seguintes conexións de entrada e saída opcionais. No lateral esquerdo ten unha conexión para conectar as baterías recargábeis ou alimentadores de enerxía que podían substituír as pilas eléctricas para subministrar enerxía ao dispositivo; Nintendo distribuía un pack de baterías recargábeis oficial, se ben funcionaba perfectamente con outros modelos non oficiais. A Game Boy require 6 V DC de polo menos 250 mA.[18] Finalmente, unha conexión para auriculares estéreo de 3.5 mm está situada na parte inferior da videoconsola.[19]

No lateral dereito ten unha conexión que permite aos usuarios conectar dúas Game Boy a través dun cable, co que dúas persoas poden xogar ao mesmo tempo cun mesmo xogo.[17] Nun principio este porto estaba pensado para ser utilizado en xogos nos que se puidese competir entre dous ou participar dúas persoas no mesmo, mais co tempo se desenvolveu para crear tamén redes sociais de comunicación como nas populares series de videoxogo de Pokémon.[20]

Especificacións técnicas

[editar | editar a fonte]
Tamaño 148 mm x 90 mm x 32 mm (Al x An x Pr)[21]
Peso 220 g[21]
Pantalla Pantalla reflectante de 2,6 polgadas supertrenzada nemática (STN) de cristal líquido (LCD)[22]
Tamaño de pantalla 47 mm por 43 mm[21]
Fotogramas por segundo 59.727500569606 Hz[23]
Enerxía 6 V, 0,7 W (4 pilas AA)[24]
Duración das pilas Aproximadamente 30 horas de xogo[21]
CPU Personalizada de 8 bits Sharp LR35902 (baseada en 8080 e Z80 modificadas),[25][26] a 4,19 MHz[a]
Memoria 64 KB espazo de direccións incluíndo:
  • 8 KB de RAM de traballo integrada
  • Ata dezaseis páxinas de 8 KB de RAM de traballo intercambiábel (no cartucho de xogo) para un máximo de 128 KB de RAM externa (que pode ser alimentada por unha pila para gardar partidas).
  • 8 KB de memoria RAM para a pantalla LCD.
  • 32 KB de ROM externa en Game Pak, dos cales 16 KB son intercambiábeis, ROM de arrinque de 256 bytes no chip, cartuchos de 32 KB, 64 KB, 128 KB, 256 KB, 512 KB, 1 MB, 2 MB, 4 MB e 8 MB.
Resolución de pantalla 160 (an) × 144 (al) píxeles (aspecto 10:9)
Soporte de cor 2 bits (catro tons de "cinsento": verde oliva claro a moi escuro)
  • Referencia:
  • Esquema de cor orixinal:  0x0  0x1  0x2  0x3 
Son 2 xeradores de ondas de pulsos, 1 PCM de 4 bits (64 mostras de 4 bits reproducidas en 1ᅲ64 bancos ou 2ᅲ32 bancos), 1 xerador de ruído e unha entrada de son dende o cartucho. A unidade só ten un altofalante, porén o porto de auriculares emite son estéreo.
Entrada
  • Cruz direccional de oito direccións
  • Catro botóns de acción (A, B, Start, Select)
  • Potenciómetro de volume
  • Potenciómetro de contraste
  • Interruptor de acender
  • I/O en serie ("Cable link"): 512 kbit/s con até 4 conexións en serie
  • Cartucho I/O

Acollida da videoconsola

[editar | editar a fonte]

Aínda que era menos avanzada tecnicamente ca as Sega Game Gear, Atari Lynx e outros competidores, sobre todo por non soportar a cor, o prezo máis baixo da Game Boy xunto cunha maior duración das pilas fixérona moito máis exitosa.[27] Nas súas dúas primeiras semanas no Xapón, dende o seu lanzamento o 21 de abril de 1989, vendeuse todo o stock de 300.000 unidades; uns meses despois, o 31 de xullo de 1989, vendéronse 40.000 unidades no seu primeiro día de lanzamento en Norteamérica.[28] Vendéronse máis de 118,69 millóns de unidades de Game Boy e Game Boy Color combinadas en todo o mundo, con 32,47 millóns de unidades no Xapón, 44,06 millóns en América e 42,16 millóns noutras rexións.[29] Para o ano fiscal xaponés de 1997, iñantes do lanzamento da Game Boy Color en outubro de 1998, vendéronse 64,42 millóns de unidades de Game Boy en todo o mundo.[29] Nunha rolda de prensa celebrada o 14 de marzo de 1994 en San Francisco, o vicepresidente de mercadotecnia de Nintendo, Peter Main, respondeu as preguntas sobre cando ía sacar Nintendo unha consola portátil en cor afirmando que as vendas da Game Boy eran boas dabondo como para decidir non desenvolver unha consola portátil sucesora nun futuro próximo.[30]

En 1995, Nintendo anunciou que o 46% dos xogadores de Game Boy eran mulleres,[31] porcentaxe superior á de xogadoras tanto para Nintendo Entertainment System (29%) como para Super Nintendo Entertainment System (14%).[32]

A consola recibiu críticas dispares por parte da crítica. Nunha análise de fin de ano de 1997, un equipo de catro redactores de Electronic Gaming Monthly outorgou á Game Boy puntuacións de 7,5, 7,0, 8,0 e 2,0. Sushi-X (que contribuíu co 2,0) criticou a consola pola súa pantalla en branco e negro e o seu desenfoque de movemento, namentres que os seus tres compañeiros gabaron a longa duración das pilas e a gran biblioteca de xogos, así como o deseño elegante e cómodo para o peto do novo modelo Game Boy Pocket.[33]

Edicións especiais

[editar | editar a fonte]

Edición Play It Loud!

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Un modelo de Game Boy "Play It Loud!" transparente, edición norteamericana.

O 20 de marzo de 1995, Nintendo puxo á venda varios modelos de Game Boy de edición especial con carcasas de cores, anunciándoos na campaña "Xoga forte!",[34] coñecida no Xapón como ゲームボーイブラザーズ. As unidades Play It Loud! fabricáronse en verde, vermello, branco, negro, amarelo, azul e transparente, ou ás veces chamado X-Ray no Reino Unido. Os máis comúns son o amarelo, o vermello, o transparente e o negro. O verde é bastante escaso, pero o azul e o branco son os máis raros. O azul foi un lanzamento exclusivo para Europa e Xapón, mentres que o branco foi un lanzamento maioritario en Xapón, aínda que as tendas Toys R Us do Reino Unido tamén o recibiron como edición exclusiva para elas. O branco segue sendo o máis raro de todas as cores de Play it Loud. As pantallas da Play It Loud tamén teñen un bordo máis escuro ca a Game Boy normal.

Accesorios

[editar | editar a fonte]

O cable Game Link é un accesorio que permite conectar dúas consolas para, nos xogos que así o permiten, xogar en multixogador. Tamén se desenvolveron outros accesorios, como unha bolsa de transporte, unha cámara (a Game Boy Camera) e unha impresora (a Game Boy Printer).

Redeseños

[editar | editar a fonte]

Game Boy Pocket

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Unha Game Boy Pocket de cor verde.

A Game Boy Pocket (GBP) é unha videoconsola portátil posta á venda o 21 de xullo de 1996 no Xapón por 69,99$, o 3 de setembro de 1996 en Norteamérica, e en xaneiro de 1997 en Europa: basicamente é unha unidade máis pequena e lixeira que requiría menos pilas ca a Game Boy. Ten espazo para dúas pilas AAA, que proporcionan aproximadamente 10 horas de xogo.[35] Esta unidade tamén está equipada cunha toma de CC de 3 voltios, 2,35 mm x 0,75 mm que pode utilizarse para alimentar o sistema. A Pocket ten un porto de ligazón máis pequeno, que require un adaptador para conectarse coa antiga Game Boy. O deseño do porto utilizouse en todos os modelos posteriores de Game Boy, agás a Game Boy Micro. A pantalla cambiouse a unha pantalla LCD FSTN que incluía unha capa de compensación para producir unha verdadeira visualización en branco e negro, en lugar da pantalla monocromática "sopa de chícharos" da Game Boy orixinal.[36] Ademais, a Game Boy Pocket ten unha pantalla máis grande ca a da Game Boy Color (GBC) que máis tarde a substituíu en 1998. Do mesmo xeito que a Game Boy, a Game Boy Pocket carece de retroalumamento para poder xogar en zonas escuras, mais mellorou notabelmente a visibilidade e o tempo de resposta dos píxeles (eliminando sobre todo o ghosting).[37] A primeira versión non dispuña de LED de aceso, mais axiña engadiuse por mor da demanda do público, xunto con novas unidades de Game Boy Pocket de diferentes cores (lanzadas o 28 de abril de 1997), algunhas delas novas na liña Game Boy. Houbo varias edicións limitadas da Game Boy Pocket, incluído un modelo de metal dourado exclusivo para o Xapón. Aínda que varios editores aproveitaron o aumento de novos usuarios de Game Boy que se produciu co lanzamento da Game Boy Pocket para reeditar xogos antigos de Game Boy,[38] a Game Boy Pocket non era unha nova plataforma de software e reproducía o mesmo software que o modelo orixinal de Game Boy.[39]

Game Boy Light

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Unha Game Boy Light de cor prateada.

A Game Boy Light (GBL) é unha videoconsola portátil que saíu á venda o 14 de abril de 1998 e soamente estaba dispoñíbel no Xapón. Do mesmo xeito que a Game Boy Pocket, a consola tiña un prezo de 6.800 iens.[40] A GBL é lixeiramente máis grande ca a GBP e conta cun retroalumamento electroluminescente para condicións de pouca luz. Ao igual que a antiga Game Boy, a GBL utiliza pilas AA, que lle proporcionan aproximadamente 10 horas de xogo coa luz acesa e 20 con ela apagada.[41] Estaba dispoñíbel en dúas cores estándar: dourada e prateada. Tamén recibiu numerosas edicións especiais, entre elas unha clara Famitsu 500 (Modelo-F02) con botóns brancos. Esta edición estaba limitada a 5000 unidades, como o primeiro Model-F Edición Astro Boy cunha carcasa transparente e unha imaxe de Astro Boy nela, unha edición Osamu Tezuka World Edition cunha carcasa vermella transparente e un debuxo dos seus personaxes, e unha versión Pokémon Center Tokyo de cor amarela sólida.

Legado cultural

[editar | editar a fonte]

Máis aló do seu éxito comercial, a Game Boy tivo un impacto cultural duradeiro. Axudou a popularizar os videoxogos portátiles a través dun deseño alcanzábel e resistente que levou os videoxogos á vida cotiá. A consola é frecuentemente citada en retrospectivas como unha porta de entrada aos videoxogos para unha xeración de xogadores.[42] A revista Smithsonian describe á Game Boy como un elemento permanente da historia cultural estadounidense, destacando a súa importancia económica e atractivo duradeiro.[43]

Reflexións en The Guardian caracterízana como "un portal a outros mundos máxicos",[42] con xogadores lembrando experiencias formativas nos videoxogos.[44] Unha Game Boy orixinal de 1989 está en exhibición no Museo Nacional de Historia Americana do Smithsonian como parte da exposición "American Enterprise", xunto aos primeiros dispositivos móbiles. Tamén se atopa no Museo Nintendo en Kyoto, Xapón.[45]

En 2009, a Game Boy foi incluída no Salón Nacional da Fama do Xoguete, 20 anos após o seu lanzamento.[46]

A Game Boy converteuse nun elemento básico dentro da escena chiptune como hardware para compor música mediante rastrexadores de música caseiros como Little Sound DJ e Nanoloop.[47][48][49][50][51][52]

Lego creou un set baseado na Game Boy en asociación con Nintendo; este set saíu en outubro de 2025.[53]

BERJAYA
Unha Game Boy e un cartucho do Tetris.

Lanzáronse ao mercado máis de 1000 xogos para a Game Boy, sen incluír os xogos cancelados e non licenciados.[54] Ademais, máis de 300 xogos desenvolvidos para a Game Boy Color eran compatíbeis cos modelos de Game Boy en monocromo.[55][56] Os xogos almacénanse en cartuchos chamados Game Boy Game Pak, que utilizan chips de memoria de só lectura (ROM). Inicialmente, por mor das limitacións da arquitectura de 8 bits do dispositivo, o tamaño da ROM estaba limitado a 32 KB. Porén, Nintendo superou esta limitación cun Controlador de Banco de Memoria (MBC polas súas siglas en inglés) dentro do cartucho. Este chip sitúase entre o procesador e os chips de ROM. A CPU só pode acceder a 32 KB á vez, pero o MBC pode cambiar entre varios bancos de ROM de 32 KB. Usando esta tecnoloxía, Nintendo creou xogos de Game Boy que utilizaban até 1 megabyte de ROM. Os Game Paks tamén podían proporcionar funcionalidade adicional ao sistema Game Boy. Algúns cartuchos incluían até 128 KB de RAM para aumentar o rendemento, que tamén podía estar apoiado por unha pila para gardar o progreso cando o dispositivo estaba apagado; os chips de reloxo en tempo real podían levar un rexistro do tempo mesmo cando o dispositivo estaba apagado, e os cartuchos Rumble Pak engadían retroalimentación por vibración para mellorar a xogabilidade.

Os videoxogos máis vendidos para a Game Boy foron Pokémon Vermello e Azul e Pokémon Amarelo, os primeiros xogos da franquía Pokémon, dos cales vendéronse máis de 46 millóns de copias.[57][58] O xogo individual máis vendido foi Tetris, con máis de 35 millóns de copias distribuídas; era ademais un xogo incluído xunto coa compra de moitas Game Boy orixinais.[59][60] Os seguintes xogos máis vendidos para a Game Boy foron Super Mario Land, Super Mario Land 2: 6 Golden Coins e The Legend of Zelda: Link's Awakening.

Máis aló dos títulos oficiais da plataforma, até o presente, unha comunidade activa en liña segue creando novos xogos para a Game Boy e a Game Boy Color a través de ferramentas como GB Studio, un motor de creación de xogos gratuíto e fácil de usar que simplifica o proceso en comparación coa programación manual.[61]

  1. Este procesador é similar a un Intel 8080 en que ningún dos rexistros introducidos no Z80 están presentes. Porén, algunhas das melloras do conxunto de instrucións do Z80 sobre o 8080, en particular a manipulación de bits, están presentes. As características eliminadas do conxunto de instrucións do Intel 8080 inclúen a bandeira de paridade, a metade dos saltos condicionais, e as instrucións de E/S. No seu lugar, a E/S realízase mediante instrucións de carga/almacenamento en memoria. No entanto, engadíronse varias características en relación co 8080 e o Z80, como as novas instrucións de carga e almacenamento para optimizar o acceso aos rexistros asignados a memoria. O IC tamén contén xeración de son integrada.
Referencias
  1. 1 2 Beuscher, Dave. "allgame (Game Boy > Overview)". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2014. Consultado o 2008-09-11. Un equipo encabezado por Gumpei Yokoi deseñou a Game Boy. Yokoi deseñara previamente xogos portátiles para Nintendo co sistema Game & Watch baseado en cartuchos, introducido en 1980. O seu persoal, chamado equipo número 1 de Investigación e Desenvolvemento (I+D), deseñara os exitosos xogos de NES Metroid e Kid Icarus. O que fixo o equipo de Yokoi foi crear un híbrido dos sistemas NES e Game & Watch.
  2. McGraw-Hill (ed.). "Una breve historia de la guerra de las videoconsolas: Game Boy". BusinessWeek. Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2007. Consultado o 30 de xullo de 2008. As vendas de Game Boy e Game Boy Color acadaron os 118,7 millóns de unidades en todo o mundo, segundo o último informe anual de Nintendo.
  3. Dedicated Video Game Sales Units. www.nintendo.co.jp. Consultado o 20-02-2026.
  4. Game Boy Afterlives. www.anthropology-news.org. Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  5. "Satoru Okada habla del desarrollo de Game & Watch, Game Boy y Nintendo DS". Número 163. Retro Gamer Magazine. 2016. Arquivado dende o orixinal o 1 de enero de 2017. Consultado o 4 de marzo de 2026.
  6. Los nombres en clave de las consolas. Vandal.elespanol.com. Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  7. Audureau, William (18 de marzo de 2015). "NX, Ultra 64, Revolution... Petite histoire de Nintendo à travers ses noms de code". Le Monde. fr (en francés). ISSN 1950-6244. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 2026-02-19.
  8. "駄目". Wiktionary. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  9. 1 2 3 McFerran, Damien (2016). "Game Boy". Videogames Hardware Handbook Vol 1. (2nd RE): 157–163.
  10. Feature: The Making of the Nintendo Game Boy (13 de marzo de 2010). www.nintendolife.com. Consultado o 3 de marzo de 2026.
  11. Shiver, Jube (29 de novembro de 1989). "Juegos difíciles: Juguetes: La Game Boy de Nintendo se enfrenta a la Lynx de Atari. Los productos difieren, pero ambas empresas esperan expandirse más allá del tradicional mercado masculino adolescente". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  12. "Game Boy". Micromanía (segunda época). Setembro de 1990. p. 51.
  13. "El éxito de una evolución". Nintendo Acción (49): 13. Decembro de 1996.
  14. "Game Boy". Micromanía (segunda época). Decembro de 1990. p. 38.
  15. Luis del Pulgar Rodríguez. Comunicación de empresa en entornos turbulentos: gestión de riesgos. ESIC. p. 165. Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  16. "125 años de Nintendo... y 21 de Nintendo España". Hobby Consolas. 26 de setembro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  17. 1 2 3 Ver o manual do propietario.
  18. "Nintendo Game Boy (DMG-001)". Vidgame.net. 2006. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2008. Consultado o 2006-08-22.
  19. Ver o manual do propietario para as diferentes conexións das que dispón a Game Boy.
  20. Masuyama, Meguro (2002). "Pokémon as Japanese Culture?". in Lucien King. Game On. New York, NY: Universe Publishing. p. 39. ISBN 0-7893-0778-2. "Pokémon allowed more than metaphorical communication; it made use of a system that created actual communication — a network game."
  21. 1 2 3 4 "Datos técnicos". Nintendo of Europe GmbH (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2023. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  22. Amos, Evan (1989). "Game Boy: Manual do usuario, páxina 12". Nintendo of America. Arquivado dende o orixinal o 2011-06-29. Consultado o 2011-02-12.
  23. "TASVideos / Platform Framerates". tasvideos.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-29.
  24. of America, Nintendo (31 de xullo de 1989). "Manual do usuario de Nintendo Game Boy" (PDF). Biblioteca da consola de videoxogos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de agosto de 2018.
  25. "解体新書。初代Gbをバラしてみる。". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018.
  26. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018.
  27. Maher, Jimmy (22 de decembro de 2016). "Unha época de finais, parte 2: Epyx". El Anticuario Digital (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2016.
  28. Fahs, Travis (27 de xullo de 2009). "IGN Presenta la historia de Game Boy". IGN. IGN Entertainment, Inc. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2023. Consultado o 2 de outubro de 2013.
  29. 1 2 "Transición de ventas consolidadas por regiones" (PDF). Nintendo. 26 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2016.
  30. "Cart Queries". GamePro (IDG) (71): 14. Agosto de 1994.
  31. Stuart, Keith. "Nintendo Game Boy - 25 datos para su 25 aniversario". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2016.
  32. "Makers Of Games Focus On Girls". The Gainesville Sun. 15 de xaneiro de 1995. p. 15. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2012.
  33. "Informe especial de EGM: ¿Qué sistema es mejor?". Guía del comprador de videojuegos 1998 (Ziff Davis): 58. Marzo de 1998.
  34. "Colorea fuerte con los nuevos Game Boys; Game Boy refleja el estilo propio de los jugadores con cinco nuevos y emocionantes colores". Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2026.
  35. «The Incredible Shrinking Game Boy Pocket». Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (84): 16. Xullo de 1996.
  36. «Game Boy Relaunched». Next Generation (Imagine Media) (20): 26. Agosto de 1996.
  37. «Pocket Cool». Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (89): 204. Decembro de 1996.
  38. «Power Play». Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (106): 22-23. Maio de 1998.
  39. «Show Notes». GamePro (IDG) (95): 16. Agosto de 1996.
  40. "Game Boy Lights Up". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (105): 26. Abril de 1998.
  41. Game Boy Light. Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. Retromaquinitas.com.
  42. 1 2 MacDonald, Keza (21 de abril de 2024). "The Game Boy at 35: a portal to other magical worlds". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 21-02-2026.
  43. Kindy, David (29 de xullo de 2019). "Thirty Years Ago, Game Boy Changed the Way America Played Video Games". Smithsonian (en inglés). Consultado o 21-02-2026.
  44. MacDonald, Keza (24 de abril de 2024). "Pushing Buttons: readers' memories of the game-changing Game Boy at 35". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 26 de febreiro de 2026.
  45. MacDonald, Keza (25 de setembro de 2024). "Pushing Buttons: At Nintendo's new museum in Japan, I found a nostalgia-laced trip down memory lane – not a history lesson". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 21 de febreiro de 2026.
  46. "Ball, Game Boy, Big Wheel enter toy hall of fame, recuperado o 5 de novembro de 2009". Rbj.net. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 3 de agosto de 2010.
  47. Carnes, Aaron (12 de decembro de 2016). "LA's Chiptune Scene Is More Than Just Nerds with Game Boys". Vice. Consultado o 21 de febreiro de 2026.
  48. "Boston Bitdown fest celebrates music from vintage video games". WBUR. 5 de marzo de 2025. Consultado o 21 de febreiro de 2026.
  49. Rose, Janus (30 de maio de 2011). "Well This Is Cool: The Inner Workings Of A Gameboy Chip-Tune Virtuoso". Vice. Consultado o 21 de febreiro de 2026.
  50. "Quit Wasting Time on Phone Games and Write Chiptunes Instead". popularmechanics.com. 15 de novembro de 2026. Consultado o 21 de febreiro de 2026.
  51. Rosenthal, Emerson (21 abril de 2014). "On Its 25th Birthday, Game Boy Is Alive And Well In The Art World". Vice. Consultado o 21 de febreiro de 2026.
  52. Hardy, Julia (9 de xullo de 2015). "Can Anyone Make Chiptune Music?". Vice. Consultado o 21 de febreiro de 2026.
  53. "Take a trip down memory lane and celebrate a gaming icon with the LEGO Game Boy model building set". Nintendo.com. Nintendo. 23 de xullo de 2025. Consultado o 21-02-2026.
  54. "Game Boy (original) Games" (PDF). Nintendo of America. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de abril de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  55. "Game Boy Color Games" (PDF). Nintendo of America. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2004. Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  56. "Game List – Released Titles". GameBoy.com. Nintendo of America. 19 de xaneiro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2001. Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  57. "'Pokken Tournament' and Pokemon's $1.5 Billion Brand". The Huffington Post (AOL). 19 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2020. Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  58. Clement, Jessica (Maio de 2024). "All-time best-selling Pokémon games 2024". Statista (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  59. Saltzman, Marc (12 xuño de 2009). "'Tetris' by the numbers". USA Today. Consultado o 17 de maio de 2026.
  60. Takahashi, Dean (12 de xuño de 2009). "After 25 years, Tetris has sold 125 million copies". VentureBeat. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2023. Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  61. McGlynn, Anthony (2 de maio de 2021). "Why are game-makers creating new Game Boy games in 2021?". Ars Technica (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Game Boy generations (1989-2003). 2014. De S.T.A.R. ISBN 978-84-6172-415-4.
  • Florent Gorges (2021). La historia de Nintendo Vol.4 1989-1999. La increíble historia de la Game Boy. Héroes de papel. ISBN 9788417649739.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]