Interdito
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Interdito | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O interdito é unha sanción prerrogativa do papa na Igrexa católica. Significa a suspensión do culto público, paralización dos oficios divinos e peche das igrexas sobre un territorio. Os sacramentos do bautismo e unción de enfermos serán os únicos ritos permitidos en días santos.
Un Interdito moi coñecido foi o sancionado polo papa Inocencio III sobre o Reino de Inglaterra de 1208 a 1215, provocado pola negativa do rei Xoán I de Inglaterra a aceptar a designación papal para o arcebispado de Canterbury.
