close
Saltar ao contido

Peseta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peseta
Imaxe
 Instancia de
Características
 Símbolo da unidade
(en) Editar o valor en Wikidata
 Símbolo de divisa
Implicados
 Fabricante
 Banco central emisor
Datas
 Data de comezo
19 de outubro de 1868 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1 de marzo de 2002 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Substituído por
BERJAYA euro (1999 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
Cifras e dimensións
 Prezo
   0,00601012 € Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/014z03 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons
BERJAYA
Billete de peseta (1951)
BERJAYA
Billete de peseta (1953)
BERJAYA
Moeda de peseta (1993)

A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro. A peseta abreviábase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.

Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de billón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que o termo peseta proveña da palabra catalá peçeta (peciña), diminutivo de peça.[1] Na Idade Media, designaba ao real de a dous e en 1737, no Diccionario de autoridades castelán, aparece a peseta como «a peza que vale dous reais de prata de moeda provincial, formada de figura redonda. É voz modernamente introducida».[2]

O 19 de outubro de 1868, o ministro de Facenda do Goberno provisional do xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema métrico. A primeira peseta foi cuñada en 1869 e, pouco despois, en 1875, apareceu a primeira peseta emitida en papel que seguiu a ser emitida até 1953 polo Banco de España.[3]

A peseta foi substituída polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas. O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta convivindo as dúas moedas até o 1 de marzo de 2002 en que a peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en España[4] e Andorra, aínda que existe o compromiso oficial do Banco de España de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, ó cambio oficial único establecido, 1 euro = 166,386 ptas, co arredondamento correspondente ó terceiro decimal.

Penúltima serie (1982-1987)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
BERJAYA BERJAYA 200 pesetas Laranxa 120 × 65 mm Leopoldo Alas Texto de La Regenta, e imaxe dun carballo asturiano
BERJAYA BERJAYA 500 pesetas Azul 129 × 70 mm Rosalía de Castro Texto de Follas Novas e casa da Matanza
BERJAYA BERJAYA 1.000 pesetas Verde 138 × 75 mm Benito Pérez Galdós Texto dos Episodios nacionales e o paisaxe co Teide
BERJAYA BERJAYA 2.000 pesetas[5] Vermello 147 × 80 mm Juan Ramón Jiménez Fragmento do poema Alegría nocturna e Concello de Moguer (Huelva)
BERJAYA BERJAYA 5.000 pesetas Marrón 156 × 85 mm Xoán Carlos I de España Manuscrito asinado e Palacio Real de Madrid
BERJAYA 10.000 pesetas Gris 165 × 85 mm Xoán Carlos I de España e Filipe, príncipe de Asturias Busto e manuscrito asinado de Filipe como Príncipe de Asturias
Última serie (1992-2001)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
BERJAYA BERJAYA 1.000 pesetas Verde 130 × 65 mm Hernán Cortés Francisco Pizarro
BERJAYA 2.000 pesetas Vermello 138 × 68 mm José Celestino Mutis
BERJAYA 5.000 pesetas Marrón 146 × 71 mm Cristovo Colón
BERJAYA 10.000 pesetas Gris 154 × 74 mm Xoán Carlos I de España Jorge Juan y Santacilia
  1. Corbacho (2001), p. 82
  2. Real Academia Española (1737). Diccionario de autoridades Tomo V (en castelán). Madrid: Herederos de Francisco del Hierro.
  3. Corbacho (2001), p. 83
  4. Corbacho (2001), p. 84
  5. "El retrato de Juan Ramón Jiménez que se perdió para siempre por Víctor Fernández • Mirador de les arts,". Mirador de les arts, (en castelán). 2020-08-24. Consultado o 2023-02-16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Corbacho, Xesús (2001). O Euro e a construcción europea. Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-670-8. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]