Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Changsha(en chinés tradicional: 長沙;en chinés simplificado: 长沙;pinyin: Chángshā;Wade-Giles: Chʻang2-sha1;tradución: “Longo areal”) é a capital e cidade máis poboada da provincia de Hunan, no centro sur de China. Está situada na beira leste do río Xiang, afluente do Yangzé, que flúe cen quilómetros ao norte. A municipalidade ten 8154700 habitantes (2018) e unha superficie de 11.819 km2.
Antiga capital fortificada do estado de Chu, un dos Reinos combatentes (481-221 a.C.). Foi un importante centro comercial entre 750-1100 cando a súa poboación decuplicóuse. Cidade da primeira etapa na carreira de Mao Zedong, é hoxe un porto fluvial concorrido e nó de comunicacións así como centro industrial e cultural da rica rexión agrícola circundante.