O View-Master é un dispositivo de visualización 3-D que permite ver 7 vistas estereoscópicas montadas nun soporte de disco de cartón. Aínda que actualmente se considera un xoguete para nenos, orixinalmente non estaba pensado como tal.[1]
Aínda que o View-Master contén 14 imaxes, en realidade só hai 7 vistas estereoscópicas, visualízanse 2 imaxes simultaneamente -unha para cada ollo- simulando así a sensación de profundidade da percepción estereoscópica.[1]