Formia foi fundada polos Laconi e baixo o nome grego de Ὁρμίαι (hormiai), despois en latín Ormiae. Xa na época da república romana pasou a ser chamada Formiae.
Logo da caída do Imperio Romano de Occidente, Formia foi saqueada polos bárbaros e a poboación dispersouse en dous burgos, baixo o dominio de Gaeta. Carlos II de Anjou construíu un castelo na barriada costeira, Mola di Gaeta. O outro barrio, Castellone, ten un castelo erixido a mediados do século XIV por Onorato I Caetani, conde de Fondi.
Os dous barrios reconstituíronse como concello común outra vez en 1863, baixo o nome de Formia. A vila sufriu fortes danos en 1943 e 1944 por mor dos bombardeos e a Batalla de Anzio.