close
Saltar ao contido

CTCF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CTCF
BERJAYA
Identificadores
Nomenclatura

O represor transcripcional CTCF, tamén chamado proteína 11 dedos de zinc ou factor de unión CCCTC é un factor de transcrición codificado polo xene CTCF no humano. CTCF está implicado en múltiples funcións, entre as que destacan as de regulación transcripcional, recombinación V(D)J e estruturación da cromatina[1].

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

CTCF foi descuberto como un regulador negativo do xene c-myc en polo. Neste locus, esta proteína uníase a tres secuencias separadas regularmente polo núcleo de secuencia CCCTC, a cal deulle o nome a proteína[2].

A pesar do descubrimento como factor de transcrición, as últimas investigacións demostraron o papel de CTCF na regulación da estruturación tridimensional da cromatina. CTCF marca os puntos distantes no ADN que poden ser conectados mediante os bucles (loops) de cromatina. Na escala dos xenomas vertebrados, ditos bucles asócianse entre eles, dando lugar aos compartimentos da cromatina, dos cales destacan os dominios topolóxicamente asociados (TAD) ou dominios asociados a lámina (LAD)[3].

Xa que a estruturación tridimensional da cromatina afecta a regulación dos xenes, CTCF vese implicado na mesma. Pénsase que CTCF é un compoñente clave dos illadores (insulators), secuencias que bloquean a interacción entre promotores e potenciadores (enhancers). Pola contra, a súa presenza preto de promotores e potenciadores pode favorecer a activación de ditos xenes. Aínda que os mecanismos polos que actúa estanse por coñecer, estudos recentes apuntan a que interaccións potenciador-promotor poden ser mediadas por CTCF dentro dunha mesma TAD.[4] Estes descubrimentos están en liña co concepto de que CTCF asóciase co complexo ARN polimerasa II (Pol II) para activar a transcripción. Os mencionados modelos ten sido estudados extensivamente no locus do xene da beta globina.

  1. Phillips, Jennifer E.; Corces, Victor G. (2009-06). "CTCF: Master Weaver of the Genome". Cell (en inglés) 137 (7): 1194–1211. PMC 3040116. PMID 19563753. doi:10.1016/j.cell.2009.06.001.
  2. Lobanenkov, V. V.; Nicolas, R. H.; Adler, V. V.; Paterson, H.; Klenova, E. M.; Polotskaja, A. V.; Goodwin, G. H. (1990-12). "A novel sequence-specific DNA binding protein which interacts with three regularly spaced direct repeats of the CCCTC-motif in the 5'-flanking sequence of the chicken c-myc gene". Oncogene 5 (12): 1743–1753. ISSN 0950-9232. PMID 2284094.
  3. Guelen, Lars; Pagie, Ludo; Brasset, Emilie; Meuleman, Wouter; Faza, Marius B.; Talhout, Wendy; Eussen, Bert H.; de Klein, Annelies; Wessels, Lodewyk (2008-06-12). "Domain organization of human chromosomes revealed by mapping of nuclear lamina interactions". Nature (en inglés) 453 (7197): 948–951. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature06947.
  4. Qu, Jieqiong; Yi, Guoqiang; Zhou, Huiqing (2019-12). "p63 cooperates with CTCF to modulate chromatin architecture in skin keratinocytes". Epigenetics & Chromatin (en inglés) 12 (1). ISSN 1756-8935. PMC 6547520. PMID 31164150. doi:10.1186/s13072-019-0280-y.