The Ex é unha banda musical anarquista dos Países Baixos. Formáronse en 1979 no momento da explosión punk orixinal e dende entón publicaron máis de vinte álbums de longa duración.
A música do grupo sufriu unha notable evolución a través dos anos, comezando como unha simple banda anarcopunk "lo-fi". Debutaron coa canción "Stupid Amercians" no mini-álbum recompilatorio Uterg Punx, publicado por Rock Against Records en Rotterdam no verán de 1980. Pouco despois chegou a publicación do seu primeiro 7" All Corpses Smell The Same. Ao longo das décadas foron desenvolvendo gradualmente a súa actual obra, altamente intricada, experimental, de inspiración punk, post punk e new wave.
Irrompendo dende os confíns relativamente estreitos do punk rock, The Ex incorporaron un amplo abanico de influencias, a miúdo procedentes de fontes non occidentais e alleas ao rock. Estes inclúen a música folkhúngara e turca e, máis recentemente; a música de Etiopía, República Democrática do Congo e Eritrea (do que a canción da independencia é versioneada pola banda no álbum Tum). Outros exemplos de ramificación estilística atópanse no dobre álbum de música improvisada Instant e nunha publicación editada baixo o alcume Ex Orkest, unha big band de 20 pezas reunida para realizar actuacións nun festival nos Países Baixos.
A banda realizou con éxito colaboracións con artistas moi diversos, como a banda anarquista británicaChumbawamba (ás veces utilizando o nome Antidote), os Dog Faced Hermans (un antigo membro desta banda, Andy Moor, é actualmente parte de The Ex), e co defunto violoncellista de avant-garde, Tom Cora a comezos dos anos 1990, colaboración esta última que deu como froitos o álbum Scrabbling At the Lock en 1991 e o subseguinte And the Weathermen Shrug Their Shoulders en 1993. Tamén colaboraron con membros de Sonic Youth, a orquestra holandesa de improvisación ICP, e publicaron un mini-álbum en colaboración co grupo de ChicagoTortoise.
O baixista Luc deixou a banda en 2003, substituído por Rozemoire (dobre baixo)[1]. En 2005, Rozemarie deixou a banda.[2].
The Ex protagonizan o documental Building a Broken Mousetrap (2006), dirixido por Jem Cohen[3].