The Cardigans é o nome dun grupo sueco formada na cidade de Jönköping en 1992. O estilo da súa música virou disco a disco dende que comezaron polo que destaca a súa evolución. Nos seus comezos poderíarselles encadrar dentro do Indie, pasando por un pop máis inspirado nos anos da década de 1960 e polo Rock.
O seu álbum debut Emmerdale (1994) deulles a fama no seu país, Suecia, e no estranxeiro, especialmente no Xapón. Pese a isto, non fai ata a publicación do seu segundo álbum, Life (1995), cando conseguiro sona internacional e boas críticas. A banda comezou a ser coñecida fóra da Suecia, grazas a Erase/Rewind e My Favourite Game do seu álbum Gran Turismo (1998) e Lovefool do seu álbum First Band on the Moon (1996), cuxa inclusión na banda sonora do filme de Baz Luhrmann Romeo e Xulieta (obra escrita por William Shakespeare) deulles sona internacional.