close
Saltar ao contido

Transiting Exoplanet Survey Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TESS»)
Transiting Exoplanet Survey Satellite / TESS / Explorer 95
BERJAYA
Representación artística de TESS
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Data de lanzamento18 de abril de 2018[1][2][3]
Foguete portadorFalcon 9[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[2][4][5]
Obxectivo da misiónObservatorio espacial.[2][4][5]
NSSDC ID2018-038A
Masa365 kg[4][2]
Datos orbitais
Semieixo maior237 090 km[1]
Inclinación50,4°[1]
Apoapse335 985,5 km[1]
Periapse125 453,7 km[1]

Transiting Exoplanet Survey Satellite ou TESS, tamén coñecido como Explorer 95, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 18 de abril de 2018 a bordo dun foguete Falcon 9 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

TESS é un observatorio espacial pertencente ao programa MIDEX da NASA e construído polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. A súa misión é estudar todo o ceo mediante un conxunto de telescopios para descubrir exoplanetas en tránsito con tamaños desde similares á Terra ata xigantes gasosos. O obxectivo principal é atopar planetas de tamaño terrestre na zona habitable da súa estrela a menos de 200 anos luz do Sistema Solar.[1][2][4][5]

O observatorio ten unha masa de 365 kg e usa o bus LEOStar-2. Ten catro cámaras gran angular con CCD que, durante as probas en terra, resultaron desenfocarse lixeiramente ao chegar ás temperaturas que se iban atopar no espazo. A pesar de todo os cálculos mostraron que o lixeiro desenfoque non prexudicaba os obxectivos científicos da misión, polo que o observatorio lanzouse así.[1][2][4][5]

TESS tiña unha vida esperada de dous anos como mínimo, e levaba propelente para polo menos catro anos. Está nunha fase de misión estendida.[1][2][4][5]

  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "TESS" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (28 de outubro de 2022). "Transiting Exoplanet Survey Satellite" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024.
  3. "Note verbale dated 31 January 2019 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (20-05805 (E)). 9 de outubro de 2020: 14. Consultado o 13 de xaneiro de 2025.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TESS (MIDEX 7, Explorer 95)" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2024). "TESS" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]