Creouno CollabNet Inc. en 2000, co liderádego de Karl Fogel e Ben Collins-Sussman e coa finalidade de ser compatible con Concurrent Versions System (CVS), o naquela hora sistema de control de versións máis usado, e ser o seu sucesor[2]. A maioría dos proxectos de software libre comezárono a empregar, axudados pola procedencia dos fundadores de SVN e a frustración con CVN[2]. Subversion alóxase agora na Apache Software Foundation, despois de que no 2009 CollabNet llelo candidataran para que xestionasen o seu desenvolvemento[3].
↑Google Code, About. "Ofreceu o aloxamento de proxectos con Subversion, Mercurial e Git. Ampliouse para ofertar wikis, descargas e mesmo xestión de problemas. Mais, no 2015 Google deulle un adeus ao servizo, o que tiña xa esmorecido, eclipsado por outros proxectos de aloxamento baseado en software libre moito máis ricos."