close
Saltar ao contido

Ragtime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ragtime
Imaxe
 Instancia de
 Medio usado
 Lista do elemento
Datas
 Fundación / creación
década de 1890 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/06m6j Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O ragtime é un estilo musical norteamericano que tivo o seu máximo auxe entre 1899 e 1918. Houbo varios períodos de rexurdimento da súa popularidade e aínda se compón hoxe en día. O ragtime foi a primeiro xénero verdadeiramente afro-norteamericano e precedeu ó jazz. Comezou coma música de baile das bandas populares anos antes de ser publicado en partituras de música popular para piano. Sendo unha modificación da marcha, moi popular daquela, adóitase escribir en 2/4 ou 4/4, decote cun padrón predominante de baixo na man esquerda nos tempos impares e acordes nos pares acompañando unha melodía asincopada na man dereita. A unha composición neste estilo chámaselle "rag". Un rag escrito en 3/4 é un "ragtime waltz".

O ragtime non é un compás (tempo) no mesmo sentido no que a marcha é 2/4 e o waltz é 3/4, senón que emprega un efecto aplicable á música en calquera compás. A característica máis salientable do ragtime é un tipo específico de síncope na que os acentos melódicos caen entre os tempos do compás. Isto crea melodías que semellan fuxir dalgúns tempos do acompañamento salientando notas que preceden ou seguen ó tempo. O efecto pretendido sobre o oínte é acentuar os tempos, inducíndoo a moverse cara a música. Scott Joplin, o compositor e pianista coñecido coma o "Rei do Ragtime", cualificou este efecto coma "estraño e intoxicante". Tamén empregou o termo swing para describir como tocar o ragtime: "Toca a modo ata que collas o swing ...". (Joplin, School of Ragtime, 1908). O nome swing aplicaríase despois a un xénero primixenio de jazz desenvolvido dende o ragtime. En inglés, o feito de converter unha peza musical nun ragtime trocado os valores dos tempos das notas da melodía coñécese coma "ragging" a peza. Os ragtimes orixinais adoitan conter varios temas diferentes, sendo o máis común catro.

De acordo co New Grove Dictionary of Jazz, a forma musical foi orixinalmente chamada "ragged time" e logo derivaría a "ragtime".