Os oromo (en oromo:Oromoo) son un grupo étnicocuxita que habita na rexión de Oromia, en Etiopía. É un dos meirandes grupos étnicos de Etiopía e representa o 34,5% da poboación do país.[6] Os oromo falan a lingua oromo como lingua materna (tamén chamada afaan oromoo e oromiffa), que forma parte da póla cuxita das linguas afroasiáticas. A verba oromo apareceu na literatura europea por vez primeira en 1893 e pouco a pouco fíxose común na segunda metade do século XX.[7][8]
Outrora, os oromo practicaban a súa relixión tradicional[9] e empregaban o sistema gadaa de goberno.[10][11] Un líder elixido polo sistema gadaa permanecía no poder só durante 8 anos, despois do cal se facían eleccións.[12][13][14] Durante os séculos XVIII e XIX, os oromo foron o grupo dominante do norte de Etiopía no período Zemene Mesafint. Foron protagonistas de grandes migracións históricas, e de guerras cos cristiáns do norte e cos musulmáns do sur e do leste no Corno de África.[15][16][17]
↑Central Statistical Agency, Ethiopia. Summary and Statistical Report of the 2007 Population and Housing Census Results, ed. "Table 2.2 Percentage Distribution of Major Ethnic Groups: 2007"(PDF). United Nations Population Fund. p.16. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 25 de marzo de 2009. Consultado o 29 de outubro de 2014.
↑Mohammed Hassen, Conquest, Tyranny, and Ethnocide against the Oromo: A Historical Assessment of Human Rights Conditions in Ethiopia, ca. 1880s–2002 , Northeast African Studies Volume 9, Number 3, 2002 (New Series)