close
Saltar ao contido

Planetario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Planetario
Imaxe do interior
Imaxe
 Subclase de
 Medio usado
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gfxd Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779264176 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Un planetario é unha instalación destinada á divulgación da astronomía, na que se simula o ceo visible desde diferentes lugares e momentos da Terra. Normalmente consta dunha cúpula hemisférica ou bóveda sobre a que se proxectan imaxes de obxectos celestes mediante un proxector situado no centro da sala. O termo tamén pode referirse tanto ao mecanismo que reproduce a esfera celeste e os movementos dos astros como ao edificio que o alberga.[1] No interior dun planetario normalmente celébranse sesións onde se exploran e explican conceptos astronómicos. Ademais, moitos planetarios contan con equipos audiovisuais, como proxectores diapositivas ou sistemas de son. É habitual que as sesións estean dirixidas por un presentador en directo.

Unha proporción significativa dos planetarios existentes son estruturas móbiles e facilmente transportables, cuxas cúpulas están feitas dun tecido axeitado e manteñen a súa forma esférica mediante un sistema que sopra aire ao interior. Nos planetarios tamén se empregan telescopios.

  1. "planetario". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-08-06.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.