close
Saltar ao contido

Piazza Venezia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piazza Venezia
BERJAYA Roma Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Piazza Venezia (it) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Conéctase con
Implicados
 Arquitecto/a
Datas
 Fundación / creación
1885 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF238110622 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09pct3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Piazza Venezia é unha das prazas de máis sona da capital italiana, que leva o nome polo Palazzo Venezia. Atópase no centro de Roma, ó pé do Capitolio (Campidoglio, en italiano), no centro de comunicacións onde conflúen os principais eixos viarios da cidade: polo norte, a via del Corso que leva cara á piazza del Poopolo; cara ó sueste a Via dei Fori Imperiali que leva cara ó Foro Romano e ó Coliseo; cara ó suroeste, a Via del Teatro di Marcello, onde se atopan os restos do teatro e cara ó leste a Via Quattro Novembre que, en dirección oeste, colle o nome de Via del Plebiscito. Como é o centro de comunicacións, conflúen moitas liñas de autobús, unha parada de tranvía e está previsto que no ano 2020, aproximadamente, se inaugure unha parada de metro da nova liña C do suburbano romano. Precisamente, durante as obras realizadas no ano 2009 atopáronse uns restos arquelóxicos que se atribúen ó Athenaeum do emperador Hadriano. O perfil da praza está dominado polo monumental Monumento Nacional a Vítor Manuel II, o primeiro rei da Unificación italiana, coñecido tamén polo nome de Vittoriano. Dende 1921, nel está situada a Tumba ó Soldado Descoñecido (Tomba del Milite Ignoto, en italiano).

BERJAYA
Piazza Venezia, coa columna de Traxano vista dende o monumento de Vítor Manuel II.