Philadelphia Union
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Philadelphia Union | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Philadelphia Union | ||
| Alcume(s) | The U, Philly | ||
| Fundación | 2008 | ||
| Estadio | Talen Energy Stadium Chester, Pensilvania Estados Unidos | ||
| Inauguración | 27/06/2010 [1] | ||
| Capacidade | 18,500 | ||
| Propietario | Keystone S&E | ||
| Adestrador | |||
| Liga | Major League Soccer | ||
| 2015 | Leste: 6º Global: 13º Playoffs: Primeira ronda | ||
| Na rede | |||
| http://www.philadelphiaunion.com/ | |||
| |||
O Philadelphia Union é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Filadelfia e xoga os seus partidos en Chester, Pensilvania polo que xoga na Conferencia Leste. A franquía xoga na MLS dende o ano 2010 .[2] As cores principais do equipo son o azul mariño e o ouro, o seu segundo equipamento é branco con detalles coas cores principais do club.
Historia
[editar | editar a fonte]Nacemento
[editar | editar a fonte]A creación desta franquía provocouse polo traballo dos seus seareiros. En 2007 os amantes do fútbol da cidade de Filadelfia crearon a asociación Fillos de Ben, esta asociación tiña como propósito crear un equipo da MLS na cidade. O traballo da asociación deu froito no ano 2009 cando se anunciaba a creación do Philadelphia Union e a súa estrea na tempada 2010. O nome "Unión" representa a unión entre as 13 colonias durante a guerra de independencia, e as súas cores —azul mariño e ouro— son un tributo ós uniformes do Exército Continental.[3]
Primeiras tempadas
[editar | editar a fonte]No primeiro ano a franquía rematou na décimo cuarta posición, comezaron a tempada xogando no Lincoln Financial Field e remataron no PPL Park, nos dous estadios os seareiros responderon cunha gran asistencia. A pesar da mala campaña dos de Filadelfia cabe destacar a gran tempada do francés Sebastien Le Toux que marcou 14 goles e deu 11 asistencias e foi nomeado coma MVP do equipo.[4] Tras a tempada de adaptación, no ano 2011 o The U rematou terceiro na súa conferencia e clasificouse por vez primeira ós playoffs, pero non lograron superar o Houston Dynamo nas semifinais de conferencia. Este ano de novo brillou o xogo do francés Sebastien Le Toux.[5]
Tras a que fóra a primeira aparición nos playoffs da franquía, as expectativas eran altas para o Philadelphia Union na tempada de 2012. Pero o ano comezou mal coa marcha da estrela Le Toux, e seguiu cós malos resultados do equipo que provocaron o despido de Peter Nowak e chegou Jason Hackworth. O xogador máis destacado foi Carlos Valdés que foi seleccionado para xogar o MLS All-Star Game.[6] No 2013 volveu Le Toux o equipo, acompañado por outros veteranos e algunhas xoves promesas. O equipo comezou o campionato con bos resultados e na parte alta na táboa, pero un mal remate de tempada deixou a posibilidade para o Philly a tan só tres puntos.[7]
No ano 2014 a racha de resultados foi o contrario que o ano anterior, o equipou empezou moi mal o que provocou o despido de Jason Hackworth, despois da chegada do novo adestrador, Jim Curtin os resultados melloraron e remataron nun decente sexto posto, pero de novo fóra dos playoffs. O ano seguinte a franquía volveu quedar fóra dos playoffs, a pesar da ampliación da clasificacións os playoffs de seis equipos por conferencias, xa que The U remataron novenos. Na sexta tempada do equipo na MLS, o Philadelphia Union logrou a súa segunda clasificación ós playoffs pero non foron capaz de superar ó Toronto FC na primeira rolda.
Xogadores
[editar | editar a fonte]*Actualizada a 21 de novembro de 2016[8][9]
|
|
†Este xogador está cedido polo Tombense Futebol Clube.
‡Este xogador está cedido polo Os Belenenses.
¶Este xogador está cedido polo Atlanta United FC.
Récords
[editar | editar a fonte]Clasificación de goleadores
[editar | editar a fonte]Actualizado a 7 de xaneiro de 2017[10]
| Nome | Partidos | Goles | |
|---|---|---|---|
| 1 | 189 | 53 | |
| 2 | 101 | 28 | |
| 3 | 76 | 21 | |
| 4 | 64 | 16 | |
| 5 | 36 | 14 | |
| 6 | 63 | 12 | |
| 7 | 32 | 11 | |
| 8 | 41 | 10 | |
| 9 | 60 | 9 | |
| 10 | 72 | 9 |
En grosa os xogadores que aínda seguen no cadro de xogadores actual
Ránking máis partidos
[editar | editar a fonte]Actualizado a 7 de xaneiro de 2017[11]
| Nome | Partidos | |
|---|---|---|
| 1 | 189 | |
| 2 | 179 | |
| 3 | 152 | |
| 4 | 132 | |
| 5 | 124 | |
| 6 | 110 | |
| 7 | 101 | |
| 8 | 98 | |
| 9 | 90 | |
| 10 | 78 |
En grosa os xogadores que aínda seguen no cadro de xogadores actual.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.philadelphiaunion.com/stadium/about
- ↑ "Historia do Club" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ http://www.philadelphiaunion.com/players
- ↑ "Philadelphia Union - Perfil del club". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Philadelphia Union - Récord de goles marcados". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Philadelphia Union - Jugador récord". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24.
