A sociedade foi creada en 1917, co nome de Nippon Kōgaku Kōgyō Kabushikigaisha (en xaponés: 日本光學工業株式會社), produto da unión de dúas sociedades líderes no sector da óptica. A empresa especializouse na construción de lentes e instrumentos de precisión para cámaras fotográficas, binóculos, microscopios e instrumentos de medición. Durante a segunda guerra mundial Nikon converteuse en provedora de binóculos, microscopios e outros instrumentos ópticos para o exército xaponés, e creceu ata contar con 19 establecementos industriais e 23 000 empregados. Finalizada a guerra, regresou a súa produción civil, reducíndose a unha soa fábrica e 1 400 empregados.
En 1946 a empresa mudou o seu nome a Nikon, da unión de Nippon Kōgaku (óptica xaponesa) e Ikon.
Nikon creou algunhas das súas primeiras cámaras SLR dixitais para a NASA, utilizadas no transbordador espacial dende 1991.[1] Despois dunha asociación con Kodak na década de 1990 para producir cámaras SLR dixitais baseadas en corpos de cámaras Nikon existentes, en xuño de 1999 a compañía lanzaría baixo a súa marca a Nikon D1.[2]