close
Saltar ao contido

Negundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Negundo
Acer negundo
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
A. negundo Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
Características
 Tipo de follaxe
 Fonte de
box elder (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Conservación
BERJAYA
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeSapindales
 FamiliaSapindaceae
 XéneroAcer
 EspecieAcer negundo Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Acer negundo Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
 Invasora en
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/028mt0 Editar o valor en Wikidata
UNIIQ4HU34JAY3 Editar o valor en Wikidata
ITIS28749 Editar o valor en Wikidata
OTT948925 Editar o valor en Wikidata
UICN62940 Editar o valor en Wikidata
CoL94F5 Editar o valor en Wikidata
EOL583069 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000514643 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons
BERJAYA
BERJAYA
Acer negundo

O pradairo negundo ou simplemente negundo[1] (Acer negundo), é unha especie de árbore cadicifolia da familia Sapindaceae nativa de América do Norte.

En Galiza aparece coma ornamental en parques urbanos e arboredos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Este pradairo é unha arboriña, usualmente non moi lonxeva que non soprepasa os 10 a 20 m de alto, cun diámetro de 30 a 50 cm, raramente de máis de 1 m. Os talos son verdes, cunha cera rosa ou violeta cando son novos. En troques doutros pradairos (con follas palmadas) o negundo ten follas pinnadas con cinco (ás veces tres ou sete) folíolos; as follas teñen de 12 a 25 cm de lonxitude, con cada folíolo de 6 a 10 cm e 3 a 7 cm de largo. Ningún outro pradairo ten máis de tres folíolos. Os folíolos teñen os bordos aserrados e son asimétricos na base da folla. As flores son miúdas con pétalos, de 10 a 30, xuntos nun acio pénsil, de 1 a 2 dm de longo, que aparece cedo na primavera. As sementes son disámaras, 1 a 2 cm de longo, con ás de 2 a 3 cm incurvadas; esparéxanse e caen polo outono, ou fican na árbore durante o inverno. Distinto a outros pradairos, é unha árbore dioica.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Aparece orixinariamente dende o Canadá até Guatemala polo sur. Introducido e cultivado noutras partes do mundo. En Europa, onde foi introducido en 1688, plántase hoxe en día pola súa resistencia á polución, rápido crecemento e carecer de toxicidade, tanto en reforestacións mineiras, zonas de tráfico e parques urbanos.

A especie prefire terreos soleados e non calcarios. Pode medrar en lugares anegados e atura fríos de até -30 °C. É, polo tanto axeitado para o cultivo en Galiza.

Cultivo 3 usos

[editar | editar a fonte]

Acer negundo, ao contrario ca en Europa, é raramente plantado coma unha árbore ornamental en América. A madeira é mala, a forma irregular e a mala xerminación das sementes fan que non sexa unha especie forestal de interese. Con todo ás veces a madeira emprégase coma fonte de fibra para pretensado.

Hai varios cultivares, incluíndo algunhas formas variegadas (follas verdes e brancas, incluso rosadas e amarelas) dispoñíbeis no mercado (viveiros).

En Galiza plántase en arboredos, xardíns urbanos e rúas das principais vilas.

Táxones infra-específicos

[editar | editar a fonte]

Hai poucos aceptados dos numerosos descritos:

  • a típica subespecie Acer negundo subsp. negundo, glabro (sen vilosidase), medra no sueste da Columbia Británica, leste a sueste de Ontario e de Nova Hampshire, e sur a leste de Nevada, Arizona, norte de México e sueste da Florida.
  • a subespecie occidental ,Acer negundo subsp. californicum (Torr. & A.Gray) Wesm., con talos e follas pubescentes: unha poboación illada no Val Central de California.
  • Acer negundo subsp. interius (Britton) Á.Löve & D.Löve
  • Acer negundo subsp. mexicanum (DC.) Wesm.

Todos os demais son meras sinonimias da especie.[2]

  • Acer californicum var. texanum Pax
  • Acer fauriei H.Lév. & Vaniot
  • Acer fraxinifolium Nutt.
  • Acer fraxinifolium Raf.
  • Acer lobatum Raf.
  • Acer nuttallii (Nieuwl.) Lión
  • Acer trifoliatum Raf.
  • Acer violaceu (Booth ex G.Kirchn.) Simonk.
  • Negundo aceroides var. violaceum G. Kirchn.
  • Negundo aceroides subsp. violaceus (Booth ex G. Kirchn.) W.A.Weber
  • Negundo fraxinifolium var. crispum Loudon
  • Negundo fraxinifolium var. violaceum Booth ex Loudon
  • Negundo negundo (L.) H.Karst. nom. invalid.
  • Negundo texanum (Pax) Rydb.
  • Rulac negundo (L.) Hitchc.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]