Mazarico real
Aparencia
| Mazarico real | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Numenius arquata Carl von Linné 1758 | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
O mazarico real,[1] ou mazarico curlí,[2] (Numenius arquata) é unha especie de ave caradriforme da familia Scolopacidae, que cría en case toda Europa, no norte e leste, en prados, zonas lamacentas, ríos, brañas, costas e estuarios.
Recoñécese de forma doada pola súa forma, cun longo pico lixeiramente curvo, e a súa voz, cun canto moi rechamante e bonito. A cor da súa plumaxe é pardo area.

O seu niño é un pequeno oco, revestido de herba, no chan. Pon catro ovos nunha única niñada, de abril a xullo.
Aliméntase de vermes, insectos, cangrexos, moluscos e estrelas de mar.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Coñécense tres subespecies de mazarico real:[3]
- Numenius arquata arquata (Linnaeus, 1758)
- Numenius arquata orientalis Brehm, C.L., 1831
- Numenius arquata suschkini Neumann, 1929
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mazarico real |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mazarico real |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hume, Rob: Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega 2002. ISBN 84-282-1317-8.

