O seu nome é unha pronunciación fonética da verba suahilijumla que vén a dicir todos xuntos.
A primeira versión do Joomla! (Joomla! 1.0.0) foi publicada no 16 de setembro do 2005. Tratábase dunha versión mellorada do Mambo 4.5.2.3 mesturada con outras modificacións de seguridade e anti-bugs. Posteriormente, os programadores publicaron Joomla! 2.0 baixo un código completamente reescrito e construído baixo PHP 5.
Joomla! esta publicado baixo unha licenza GNU GPL.
Unha das melloras que ten este CMS é a gran cantidade de extensións programadas que fan tódolos usuarios, e que fan crecer as posibilidades do Joomla! con novas características que se integran de xeito sinxelo no programa. Por exemplo o bot Wikibot[1] permite crear automaticamente de xeito dinámico e sen intervención humana hipeligazóns nos contidos da web que ligan cara artigos da Wikipedia, sempre que existan.
O galego é unha das traducións oficiais de Joomla! desde a versión 1.5.11 (2009-06-05). A tradución de dita versión oficial está a ser mantida por Proxecto Trasno.