It Chapter Two
| It Chapter Two | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata |
It Chapter Two é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Andy Muschietti. É a secuela do filme de 2017 It, e ámbolos dous están baseados na novela homónima de Stephen King publicada en 1986. O guión foi escrito por Gary Dauberman e a historia está ambientada en 2016, 27 anos despois da historia do primeiro filme. Está protagonizado por Jessica Chastain, James McAvoy, Bill Hader, Isaiah Mustafa, Jay Ryan, James Ransone, Andy Bean e Bill Skarsgård, quen retoma o papel como Pennywise.
As conversas sobre a secuela de It comezaron en febreiro de 2016. En setembro de 2017, New Line Cinema anuniciou o seu lanzamento en setembro de 2019, con Dauberman escribindo o guión e Muschietti como director. A fotografía principal comezou o 19 de xuño de 2018, en Pinewood Toronto Studios e en localizacións en Port Hope, Oshawa e Toronto, rematando o 31 de outubro de 2018. O filme foi producido por New Line Cinema, Double Dream, Vertigo Entertainment e Rideback, e foi distribuído por Warner Bros. Pictures.
It Chapter Two estreouse nos Os Ánxeles o 26 de agosto de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos o 6 de setembro de 2019, en formato 2D, Dolby Cinema e IMAX. Recadou máis de 472 millóns de dólares en todo o mundo. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou a actuación e as temáticas, mais criticou a súa duración de case 3 horas e os sustos máis débiles comparando coa súa predecesora.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jessica Chastain como Beverly Marsh
- Sophia Lillis como Beverly Marsh de nena
- James McAvoy como Bill Denbrough
- Jaeden Martell como Bill Denbrough de neno
- Bill Hader como Richie Tozier
- Finn Wolfhard como Richie Tozier de neno
- Isaiah Mustafa como Mike Hanlon
- Chosen Jacobs como Mike Hanlon de neno
- Tristian Levi Cox e Torian Matthew Cox como Mike con catro anos
- Jay Ryan como Ben Hanscom
- Jeremy Ray Taylor como Ben Hanscom de neno
- James Ransone como Eddie Kaspbrak
- Jack Dylan Grazer como Eddie Kaspbrak de neno
- Andy Bean como Stanley Uris
- Wyatt Oleff como Stanley Uris de neno
- Bill Skarsgård como Pennywise the Dancing Clown / "It"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schaffstall, Katherine (3 de setembro de 2019). The Hollywood Reporter, ed. "'It: Chapter Two': What the Critics Are Saying". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2019. Consultado o 5 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- It Chapter Two na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 2019
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Andy Muschietti
- Filmes con banda sonora de Benjamin Wallfisch
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de New Line Cinema
- Filmes baseados en obras de Stephen King
- Filmes ambientados en 1989
- Filmes ambientados en 2016
- Filmes ambientados en Maine
- Filmes sobre psicópatas
- Filmes sobre violencia doméstica
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX
