O indie folk (tamén chamado folk alternativo) é un xénero musical alternativo que xurdiu nos anos 90 entre músicos de escenas indie rock influenciados pola música folk. O indie folk hibrida as melodías da guitarra acústica da música folk tradicional coa instrumentación contemporánea.
No Reino Unido xurdiron artistas como Ben Howard[4] e Mumford & Sons[5][6], e esta última banda promoveu o estilo musical a través dos seus festivais Gentlemen of the Road.[7] O éxito de grupos como Mumford & Sons levou a algúns xornalistas musicais, como Peter Robinson de Popjustice, a etiquetar esta nova escena musical británica como "The New Boring" ou "Beige Pop".[6][8][9][10] Unha década despois cuñáronse os termos "stomp and holler", "stomp clap hey" e "hoedown pop" para referirse retrospectivamente a tales bandas.[11]
A finais da década de 2010, artistas como Phoebe Bridgers[12] e Julien Baker[13] reavivaron o interese polo xénero. Bridgers cita a Elliott Smith como unha influencia fundamental no seu son.[14]