"In da Club" é unha canción de hip hop do rapeiro 50 Cent do seu primeiro álbum comercial Get Richo or Die Tryin’. A canción foi producida por Dr. Dre coa coprodución de Mike Elizondo. 50 Cent, Dr. Dre, e Elizondo tamén escribiron a canción. A mesma foi lanzada a finais de 2002 como o principal single do álbum e foi ben recibido polos críticos musicais.
"In da Club" converteuse no primeiro single en alcanzar a primeira posición nas listas de 50 Cent e foi unha das cancións máis populares de 2003 despois de alcanzar a primeira posición en Estados Unidos e poñerse no Top 5 da maioría das listas europeas. Na cuadraxésima sexta edición dos Grammy, foi nomeada como mellor canción de rap e mellor canción de rapeiro solista.
Despois de que 50 Cent fose descuberto por Eminem en 2002, foi invitado a voar aos Ánxeles onde coñeceu a Dr. Dre.[1] 50 Cent gravou sete cancións en cinco días con Dr. Dre, sendo "In da Club" a primeira en ser gravada.
A produción fora dada orixinalmente ó grupo de hip hop D12, pero foi pasada a 50 Cent.[2] 50 Cent gravou a canción tendo presente unicamente o golpe de percusión. Como moito do contido de Get Richo r Die Tryin’ fora escuro, quixo escribir material que fora "completamente oposto". Chamou a canción unha "celebración da vida. Cada día é relevante debido a que é o aniversario de alguén"[3]
En xaneiro de 2006, 50 Cent foi demandado por piratería polo antigo representante de 2 Live Crew, Joe Weinberger, que mantén os dereitos do catálogo do grupo. Este argumentou que 50 Cent plaxiou a letra de "It’s your Birthday" de Luther Campbell, cantante de 2 Live Crew, correspondente ó seu álbum de 1994Still a Freak for Life. O xuízo foi desestimado polo xuíz federal Pal Huck, quen ditaminou que a frase é un "elemento da canción común, pouco orixinal e que non pode ter dereitos de autor"