close
Saltar ao contido

Instituto Nacional de Industria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «INI»)
 Instituto Nacional de Industria
Logotipo
 Instancia de
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
Datas
 Fundación / creación
1941 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1995 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Localización
 País
Códigos e identificadores
VIAF123211742 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000120972956 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h0878 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX141018
Wikidata C:Commons

O Instituto Nacional de Industria (INI) foi unha entidade estatal española, creada como un soporte institucional para promover o desenvolvemento da industria en España.

BERJAYA
Imaxe do camión Pegaso II, lanzado en 1951 pola empresa ENASA, pertencente ao INI.

O INI foi fundado por Juan Antonio Suances, xeneral de división da rama de enxeñeiros navais, durante o período da autarquía franquista (1939-1959) por unha Lei do 25 de setembro de 1941, co obxectivo de promover a creación de novas empresas industriais dentro dunha visión autárquica da economía:

Segundo o artigo 1° da súa lei fundacional, o obxectivo era:

Propulsar e financiar, en servizo da Nación, a creación e rexurdimento das nosas industrias, en especial das que se propoñan como fin principal a resolución dos problemas impostos polas exixencias da defensa do país ou que se dirixan ao desenvolvemento da nosa autarquía económica

Para a súa creación seguiuse o modelo italiano do Istituto per la Ricostruzione Industriale (IRI).[1] As primeiras actuacións acabaron en fracaso (Adaro, lousa betuminosa), pero co tempo converteuse na maior corporación industrial de España.

Entre 1939 e 1941 a política económica tendera a privilexiar os sindicatos verticais, concedendo ao mesmo tempo un papel aínda maior á iniciativa empresarial privada na reconstrución.

Para o historiador e hispanista Stanley G. Payne, a destitución do xerarca dos sindicatos Gerardo Salvador Merino, unida ao incremento da influencia militar, fomentaron a formación deste organismo que desenvolvería directamente o capitalismo de Estado.[2]

O INI creouse para reconstruír e dar impulso á economía española desde unha visión moi particular da economía, e encargábase de encauzar e poñer en marcha as cuantiosas inversións precisas para a industrialización do país, para atender as necesidades da defensa nacional e para financiar grandes proxectos industriais.

As principais críticas que se poden facer a súa actuación durante os seus primeiros anos son as seguintes:[3]

  • A súa intervención estivo guiada en moitas ocasións por criterios políticos.
  • Nunha situación de escaseza de recursos financeiros, os obxectivos fundamentais centráronse na maximización da cantidade producida e non na mellora da rendabilidade.
  • Os custos de produción e os seus prezos movíanse moi por riba dos existentes nos mercados internacionais, con moi pouca capacidade de competencia e restando eficiencia ao sistema económico español.
  • As súas empresas gozaron de grandes vantaxes na competencia co sector privado, con incentivos fiscais, arancelarios, cambiarios e financeiros.

A pesar de todas as súas ineficiencias e erros estratéxicos, o INI tivo un efecto positivo indubidábel e decisivo no paso da España subdesenvolvida e de economía fundamentalmente primaria dos anos 1940 á puxante e terciarizada dos 1970; pero coa apertura da economía española ao comercio internacional, e especialmente a Comunidade Económica Europea o INI perdeu todo sentido e as súas empresas foron privatizándose ao longo dos anos 1980.

Principais empresas do INI

[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1941 e 1980 constituíu de feito o grupo empresarial máis grande e importante de España. Durante a súa existencia as grandes empresas que se estableceron a iniciativa do INI foron SEAT, ENDESA, ENSIDESA, Empresa Nacional Bazán, Inespal e outras moitas dedicadas especialmente é produción de ferro, aceiro e aluminio, e tamén á industria petroquímica.

Desaparición

[editar | editar a fonte]

En 1992 autorizouse ao INI para constituír unha Sociedade Anónima á que o Instituto achegaría a totalidade das súas accions no capital das compañías nas que aínda participaba. A nova Sociedade Anónima quedou constituída o 4 de xullo do mesmo ano, co nome de TENEO.

O INI desapareceu en 1995 e as súas funcións foron asumidas pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). O SEPI desfíxose de practicamente todas as súas participacións industriais, agás algunhas empresas como Hunosa, ou RTVE.

  1. Villena Oliver (2026), p. 46
  2. Payne, Stanley G. 2008, p. 260.
  3. Ortega Aguaza & Núñez Carrasco 2009, pp. 57-82.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Castelló Traver, José Emilio: (2004): España siglo XX, 1939-1978. Madrid: Anaya. ISBN 978-84-2073-358-6.
  • Ortega Aguaza, Bienvenido e Núñez Carrasco, J. Aníbal (2009): "El proceso de crecimiento de la economía española (I): Los cambios que introduce el Decreto-Ley de Ordenación Económica de 21 de julio de 1959". En Economía Española. Barcelona: Editorial Ariel. ISBN 978-84-3444-557-4.
  • Payne, Stanley G. (2008): Franco y Hitler. España, Alemania, la Segunda Guerra Mundial y el Holocausto. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 84-9734-709-9.
  • Tamames, Ramón (1973): Historia de España Alfaguara VII. La República. La era de Franco. Madrid: Ediciones Alfaguara, S. A. (Alianza Editorial, S. A.) ISBN 84-2062-031-3.
  • Villena Oliver, Andrés (2026). Las élites que dominan España (en castelán) (4ª ed.). Mardid: Libros del K.O. ISBN 979-13-87839-26-0.