close
Saltar ao contido

Georg Baur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorg Baur
BERJAYA
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1859 Editar o valor en Wikidata
Bělá pod Bezdězem Editar o valor en Wikidata
Morte1898 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Múnic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e paleontoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpaleontólogo, zoólogo, herpetólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Clark University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Participou en
1891Salisbury Expedition to the Galapagos Islands (1891) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBaur Editar o valor en Wikidata

Georg Baur, nado en 1859[1] e finado en 1898, foi un paleontólogo de vertebrados alemán e neolamarckista que estudou os réptiles das illas Galápagos, particularmente as tartarugas das Galápagos na década de 1890. Probablemente é mellor coñecido pola súa teoría da subsidencia sobre a orixe das illas Galápagos, na cal se postulaba que as illas eran os restos dunha antiga masa de terra que conectaba con América do Sur e a illa do Coco, que despois se afundiu.

Primeira etapa da vida e educación

[editar | editar a fonte]

Baur naceu en Weisswasser, Bohemia en 1859. Pasou os seus primeiros anos en Hohenheim preto de Stuttgart. Como seu pai era profesor de silvicultura, Baur inicialmente planeou estudar silvicultura onde seu pai era profesor. Porén, mentres estaba na universidade interesouse pola xeoloxía, paleontoloxía e botánica.[1]

Antes do seu traballo nas illas Galápagos, Baur foi axudante de Othniel Charles Marsh na Universidade Yale desde 1884 a 1890.[2]:104–105 Baur emprendeu a expedición ás illas Galápagos en 1891, saíndo de Nova York o 1 de maio, arribando ás Galápagos o 9 de xuño, e abandonando as illas o 26 de agosto cara a Guayaquil, e seguindo a Panamá e de regreso a Nova York. Baur nomeou varias subespecies da tartaruga das Galápagos, incluíndo Chelonoidis nigra guentheri (Baur, 1889) e Chelonoidis nigra galapagoensis (Baur, 1889). Non todas as tartarugas de Baur son taxons que aínda se consideren válidos.

Tamén estudou as tartarugas do sur dos Estados Unidos, nomeando varias especies novas para a ciencia. As seguintes especies e subespecies de réptiles foron nomeadas no seu honor por outros herpetólogos: Kinosternon baurii, Phyllodactylus baurii (un geckónido das Galápagos), Coelophysis bauri e Terrapene carolina bauri.[3][4][5]

Ocupou un posto de docente en osteoloxía e paleontoloxía na Universidade Clark de 1890 a 1892, e despois diso foi profesor e xefe do departamento de osteoloxía e paleontoloxia de vertebrados da Universidade de Chicago[2]:105 ata a súa morte en 1898 á idade de 39 anos.

  1. 1 2 "Baur, George Herman Carl Ludwig (1859-1898) on JSTOR" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2018.
  2. 1 2 Dingus, Lowell (2018). King of the Dinosaur Hunters : the life of John Bell Hatcher and the discoveries that shaped paleontology. Pegasus Books. ISBN 9781681778655.
  3. The Reptile Database. www.reptile-database.org.
  4. Rhodin, Anders G.J.; van Dijk, Peter Paul; Iverson, John B.; Shaffer, H. Bradley; Roger, Bour (2011-12-31). "Turtles of the world, 2011 update: Annotated checklist of taxonomy, synonymy, distribution and conservation status" (PDF). Chelonian Research Monographs 5: 000.175,000.186. ISBN 978-0965354097. doi:10.3854/crm.5.000.checklist.v4.2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-01-31.
  5. Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Baur", p. 19).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]