Gantz(en xaponés:ガンツ,Hepburn:Gantsu?) é unha serie manga xaponesa escrita e debuxada por Hiroya Oku. Gantz conta a historia de Kei Kurono e Masaru Kato, que morren nun accidente de tren e se converten en parte dun xogo no que outras persoas recentemente finadas son obrigadas a cazar e matar aliens. Para logralo están equipados con armas e dispositivos futuristas. Tanto o manga como o anime caracterízanse pola súa violencia e contido sexual.
A adaptación de Gantz ó anime, dirixida por Ichiro Itano e animada por Gonzo, componse de 26 episodios divididos en dúas tempadas. Dous filmes de acción en vivo baseados no manga foron producidos e estreados en xaneiro e abril de 2011.[1] Un filme de animación CGI, Gantz: O, foi estreado no 2016.