En informática, a interface gráfica de usuario, tamén coñecida polas siglas en inglés GUI (graphical user interface) é un tipo de interface que permite aos usuarios a interacción con aparellos electrónicos a través de icona gráficas e indicadores visuais, en contraposta ás interfaces de texto. As interfaces gráficas foron introducidas coma reacción a percepción da dificultade de uso para os usuarios nas interfaces baseadas en liña de comandos (CLIs).[1][2] As accións nunha interface gráfica adoitan realizarse por medio da manipulación directa dos elementos gráficos da mesma.[3]
↑"Window manager Definition". PC Magazine(en inglés). Ziff Davis Publishing Holdings Inc. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 12 de novembro de 2008.