Flotilla
| Flotilla | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||




Flotilla[1] é un termo que se emprega para designar unha pequena frota de barcos (mercantes ou militares), normalmente entre 2 e 10 buques[Cómpre referencia] ou un grupo de aeronaves. Porén, o uso máis habitual de flotilla adoita referirse a unha división de buques nunha frota, un conxunto de barcos pequenos ou pouco numerosos.[2]
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]O termo "flotilla" ou "flotilha" en galego reintegracionista e portugués, provén do italiano flotiglia[3] e está emparentado co diminutivo de flota en castelán, pasando polo francés antigo flote / flotte e o nórdico antigo floti, de raíces indoeuropeas.[4]
O termo patrimonial galego e portugués frotilla (diminutivo de "frota") é equivalente a "flotilla", pero é menos usado, e o termo "frotiña" ou "frotinha" caeu en desuso.[5][6]
Unha flotilla da armada é unha parte máis pequena do número total de buques dunha escuadra, escuadrón ou frota, e tamén é común o termo para designar un conxunto de embarcacións de apoio ou axuda humanitaria.
Tamén é utilizado noutros contextos, como o eido aeroespacial; por exemplo a Axencia Espacial Europea menciona a Cluster flotilla, varias publicación da NASA sobre o Halley usan flotilla of spacecraft, etc.[7][8][9][10]
Tradicionalmente, as flotillas organizábanse por rexión de operación, como a Flotilla de Azov da antiga Unión Soviética; por clase, como os destrutores; por tamaño; por misión, como a "Flotilla para o alivio das vítimas do terremoto de Haití" ou "Flotilla Global Sumud";[11] ou por función, como os buques de apoio (buques hospital, buques taller ou buques de subministración). Cando se organizan por tamaño, os máis grandes e potentes coñecíanse como "buques de escuadra" ou de "escuadrón" ou "buques de frota", mentres que os máis pequenos e menos potentes coñecíanse como "buques de flotilla". Nalgunhas mariñas, as flotillas de certos tipos de barcos chámanse "escuadrillas".[12]
Organización
[editar | editar a fonte]A flotilla militar adoita estar comandada por un capitán. Ocasionalmente, dependendo da organización de cada armada, pode estar comandada por un comodoro ou un contralmirante. Cando está comandada por un oficial superior, ese acostuma ser tamén o comandante do buque insignia da flotilla.
Especialmente despois da Segunda guerra mundial, co aumento das capacidades e o tamaño dos destrutores e as fragatas, que se converteron nos principais buques de guerra da maioría das armadas, estes buques deixaron de organizarse en flotillas e comezaron a agruparse en escuadras ou escuadróns. Por outra banda, a organización naval tradicional de flotillas, divisións e escuadróns foi substituída por agrupacións operativas temporais en grupos de traballo e forzas de traballo.
Nalgunhas armadas, o termo "flotilla" mantívose como designación para certas agrupacións administrativas de buques e aeronaves navais. A flotilla pode estar dividida en dúas ou máis divisións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para flotilla.
- ↑ "flotilla". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-10-07.
- ↑ "Significado de flotilha no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2025-10-04.
- ↑ "flotilla". dictionary.reference.com.
- ↑ Observador (2025-10-05). "Entre flotilha, frotilha ou frota, qual é a mais correta? - Português Suave - Podcast". podscan.fm - Marcos Neves (en portugués). Consultado o 2026-03-20.
- ↑ Infopédia. "frotinha". Dicionários infopédia da Porto Editora (en portugués). Consultado o 2026-03-20.
- ↑ "Clusters II Flotilla - Cluster - Science Portal". Cluster (en inglés). Consultado o 2026-03-20.
- ↑ Darling, David. "Halley's Comet". www.daviddarling.info. Consultado o 2026-03-20.
- ↑ "Máximo alejamiento de los satélites Cluster en su quinto aniversario". www.esa.int (en inglés e castelán). Consultado o 2026-03-20.
- ↑ "955 Years Ago: Halley’s Comet and the Battle of Hastings - NASA" (en inglés). 2021-10-14. Consultado o 2026-03-20.
- ↑ "Navegar a Gaza - Acción colectiva por Gaza". www.globalsumudflotilla.org. Consultado o 2025-10-07.
- ↑ "escuadrilla". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2026-03-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Flotilla |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
