close
Saltar ao contido

Ferdinand Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFerdinand Marcos
BERJAYA
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Sarrat Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Honolulu Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLibingan ng mga Bayani (en) Traducir (2016–)
Marcos Museum and Mausoleum (en) Traducir (1993–2016)
Byodo-in Temple (en) Traducir (1989–1993) Editar o valor en Wikidata
Primeiro-ministro das Filipinas (pt) Traducir
12 de xuño de 1978 – 30 de xuño de 1981 – Cesar Virata 
BERJAYA Secretary of National Defense (en) Traducir
28 de agosto de 1971 – 3 de xaneiro de 1972
 Juan Ponce-EnrileJuan Ponce-Enrile 
BERJAYA 10º Presidente de Filipinas
30 de decembro de 1965 – 25 de febreiro de 1986
 Diosdado MacapagalCorazón Aquino 
President of the Senate of the Philippines (en) Traducir
5 de abril de 1963 – 30 de decembro de 1965
 Eulogio Rodriguez (en) TraducirArturo Tolentino (pt) Traducir 
Member of the Senate of the Philippines (en) Traducir
30 de decembro de 1959 – 30 de decembro de 1965
Membro da Cámara de Representantes de Filipinas
30 de decembro de 1949 – 30 de decembro de 1959

Circunscrición electoral: Ilocos Norte's 2nd congressional district (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesApo Lakay Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igreja Independente das Filipinas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of the Philippines College of Law (en) Traducir
Universidade de Filipinas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalista (pt) Traducir
Kilusang Bagong Lipunan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarHukbong Katihan ng Pilipinas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarComandante Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoSegunda Guerra Mundial Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeImelda Marcos Editar o valor en Wikidata
FillosImee Marcos, Bongbong Marcos, Irene Marcos, Aimee Marcos Editar o valor en Wikidata
PaisMariano Marcos Editar o valor en Wikidata  e Josefa Edralin Marcos Editar o valor en Wikidata
IrmánsPacifico Marcos
Elizabeth Marcos
Fortuna Marcos-Barba Editar o valor en Wikidata
Condenado porproxy murder (en) Traducir (1989) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1 de xuño de 1981assassination of Gene Viernes and Silme Domingo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura BERJAYA Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 7, (p.324)
Ferdinand E. Marcos historical marker (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1300894 Enciclopedia Galega Universal: 149056 BNE: XX1354835 WikiTree: Marcos-18 Find a Grave: 22512 Editar o valor en Wikidata

Ferdinand Emmanuel Edralín Marcos, nado en Sarrat o 11 de setembro de 1917 e finado en Honolulu o 28 de setembro de 1989, foi un militar e político filipino, que foi o xefe de estado de Filipinas entre 1965 e 1986. Ata 1972 gobernou como presidente de Filipinas, e despois como ditador.

En 1965, Marcos, que alcanzara un gran prestixio no Partido Liberal fundado por Manuel Roxas, conseguiu ser nomeado candidato á presidencia e enfrontouse ao representante do partido nacionalista, Diosdado Macapagal. Elixido presidente, durante o seu primeiro mandato logrou algunhas melloras na agricultura, industria e na educación. Anticomunista ríxido, enviou tropas a combater en apoio ao Vietnam do Sur.

No principio gobernou democraticamente, pero gradualmente tornouse máis autoritario, ata instaurar unha forte ditadura en 1972, a cal propiciou a aparición no país dunha guerrilla comunista e outra musulmá, contrarias á súa política. Reelixido presidente en 1969, ao longo do seu segundo mandato tivo que facer fronte á recrudescencia da guerrilla urbana e ás revoltas estudantís.

En 1972 impuxo a lei marcial, grazas á cal puido deter sen maiores trámites aos seus adversarios políticos, entre os cales atopábase Benigno Aquino. En 1973 promulgou unha nova Constitución na que pasaba a exercer tanto as funcións de xefe de Estado como as de primeiro ministro.

En 1980 invitou ao xeneral chileno Augusto Pinochet a Filipinas, pero tivo que cancelar a reunión por protestas en contra da visita do ditador chileno, cando Pinochet xa ía en voo ao país. Despois deste regresar ao Chile, rompéronse as relacións diplomáticas entre as dúas ditaduras.

Nove anos logo de proclamar a lei marcial, Marcos suprimiuna e procedeu a unha reforma constitucional. Ese mesmo ano foi reelixido presidente por seis anos máis tras unhas eleccións boicoteadas pola oposición. Dita oposición foise endurecendo, sobre todo despois do asasinato do seu líder, Benigno Aquino. En 1986, a viúva de Benigno Aquino, Cory Aquino, venceu nas eleccións presidenciais a Marcos, quen pretendeu seguir no cargo pese á súa derrota. Pero as protestas populares e internacionais obrigárono a exiliarse a Hawai. Os seus últimos anos no poder caracterizáronse pola corrupción, o estancamento económico, as grandes desigualdades entre pobres e ricos, e o aumento da guerrilla comunista nas zonas rurais do país.

Presidentes de Filipinas

Segue a:
Diosdado Macapagal
Ferdinand Marcos
Precede a:
Corazón Aquino
Partido Kilusang Bagong Lipunan