EgyptSat 1
| EgyptSat 1 / MisrSat 1 | |
|---|---|
EgyptSat 1 (á esquerda) antes do lanzamento. | |
| Tipo | Observación terrestre |
| Organización | Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais |
| Data de lanzamento | 17 de abril de 2007[1][2][3] |
| Foguete portador | Dnepr[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Observación da superficie terrestre.[2][3][4][5] |
| NSSDC ID | 2007-012A |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 7026 km[1] |
| Inclinación | 97,9°[1] |
| Apoapse | 660,7 km[1] |
| Periapse | 650,8 km[1] |
EgyptSat 1 ou MisrSat 1 foi un satélite artificial exipcio lanzado o 17 de abril de 2007 mediante un foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]EgyptSat 1, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a Oficina de Deseño Yuzhnoye de Ucraína, foi o primeiro satélite exipcio de observación da Terra. O satélite estaba baseado no bus MS-1TK e levaba a bordo unha cámara infravermella, unha cámara multiespectral e un sistema de comunicacións de tipo "almacenar e enviar". A resolución da cámara multiespectral era de 7,8 m e a de infravermellos, de 39,5 m. O 19 de xullo de 2010 perdeuse o contacto co satélite ao fallar as comunicacións en banda S. Ata o momento o satélite obtivera unhas 5000 imaxes.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "EGYPTSAT 1" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2023.
- 1 2 3 4 5 6 NASA (28 de outubro de 2022). "EgyptSat 1" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2023.
- 1 2 3 "Note verbale dated 9 April 2008 from the Permanent Mission of Egypt to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary- General" (PDF) (08-52668 (E)). 11 de abril de 2008: 2. Consultado o 5 de febreiro de 2023.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "EgyptSat 1 (MisrSat 1)" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2023.
- 1 2 3 4 Mark Wade (2023). "EgyptSat 1" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2023.
