close
Saltar ao contido

Dial WIKA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dial WIKA
TipoCientífico
OrganizaciónDFVLR
Destino actualReentrado na atmosfera
Data de lanzamento10 de marzo de 1970[1][2]
Foguete portadorDiamant B[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][4]
Obxectivo da misiónDiversos experimentos científicos.[2]
Decaemento5 de outubro de 1978[1]
NSSDC ID1970-017A
Masa63 kg[2][4]
DimensiónsPrisma octogonal cun cilindro rematado nun hemisferio.[4]

Dial Wika (acrónimo de Diamant Allemagne - Wissenschafts-Kapsel) foi un satélite artificial de Francia e Alemaña lanzado a bordo dun foguete Diamant B o 10 de marzo de 1970.[2][4]

Características

[editar | editar a fonte]

O satélite foi lanzado para estudar as variacións espazotemporais da densidade local de electróns e a intensidade da radiación Lyman-alfa da xeocoroa. O satélite estaba formado por unha base octogonal de 68 cm de distancia entre lados e 43 cm de altura, cun cilindro enriba de 57,8 cm de altura e 31,5 cm de diámetro.[2][3]

A alimentación eléctrica era proporcionada por dous paneis solares que alimentaban unhas baterías. O satélite non tiña capacidade de recibir comandos e unha vez en órbita a secuencia de observacións científicas e transmisións a terra estaba controlada preprogramadamente polo sensor solar. Os datos científicos transmitíanse en tempo real ao non dispoñer de grabadora de a bordo.[2][3]

O satélite levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][3]

Dial Wika foi deseñado para funcionar durante 26 días, pero o 20 de maio de 1970 deixou de transmitir debido ao fallo das baterías.[2][3]

  1. 1 2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "WIKA (DIAL)" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (5 de setembro de 2019). "DIAL/WIKA" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019.
  3. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Dial-Wika" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "Dial WIKA" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]