close
Saltar ao contido

Dancing Days

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dancing Days
Led Zeppelin Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Letra de
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
28 de marzo de 1973 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/084nxr Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Dancing Days" é unha canción da banda inglesa Led Zeppelin. O tema aparece no seu álbum de 1973 Houses of the Holy, e foi gravado en 1972. Inspirouse nunha melodía hindú que Jimmy Page e Robert Plant escoitaron cando viaxaron a Bombai.

Este foi o primeiro tema do álbum que Atlantic Records levou ás emisoras de radio. Foi estreado o 24 de marzo de 1973 na BBC Radio One.

Ao igual que outro tema do álbum, "Over the Hills and Far Away" (que aparece no sinxelo), "Dancing Days" foi presentada pola banda en directo antes do seu lanzamento comercial. Aínda que existe unha cinta pirata que insinúa que foi tocada por ver primeira no Wembley Empire Pool en novembro de 1971, as evidencias suxiren que a inclusión nesa cinta foi un engano. A primeira aparición nun directo documentada é en Seattle o 19 de xuño de 1972, onde foi interpretada dúas veces: unha durante o concerto e outra nos "bises". A canción sería tocada frecuentemente no resto desa xira, aparecendo unha versión da mesma no álbum ao vivo How the West Was Won. Coa edición de Houses of the Holy, porén, "Dancing Days" deixouse de tocar bastante en directo, aínda que unha versión acústica abreviada foi tocada de cando en vez na súa xira estadounidense de 1977.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

1973 7" single

  • A. "Dancing Days" (Page, Plant) 3:43
  • B. "Over the Hills and Far Away" (Page, Plant) 4:47

1973 7" radio edit

  • A. "Dancing Days" [stereo] (Page, Plant) 3:43
  • B. "Dancing Days" [mono] (Page, Plant) 3:43

1973 7" EP

Versións

[editar | editar a fonte]