Alcaide
| Alcaide | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Un alcaide[1] ou, tamén casteleiro ou castelán era, na Idade Media, o gobernador ou o máximo xefe militar e oficial xurisdicional dun alcázar, castelo ou fortaleza. As súas facultades eran de diferente orde e estendíanse tanto á xurisdición civil, como a criminal, e tanto ao goberno militar, como ao político.
O cargo era sempre ocupado por un representante do rei e combinaba funcións militares, administrativas e, en casos particulares, xudiciais. Co tempo, engadiuse a partícula "mor" ao cargo de alcaide, distinguindo o seu carácter militar.[2]
Posteriormente o título estendeuse a outras actividades de dirección de diferentes tipos de establecementos como, por exemplo, o funcionario que nun centro penitenciario tiña ao seu cargo a custodia e a seguridade dos presos e a organización do réxime do establecemento.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo alcaide, o mesmo que alcalde, derivan do árabe hispano قاضي alqáḍi, e este do árabe clásico, قاضي al-qāḍī, "o condutor (de tropas)", e tamén "o xuíz" (no caso de alcalde).[3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcaide.
- ↑ Camargo, Angélica Ricci. "Alcaide-mor". mapa.arquivonacional.gov.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 2013.
- ↑ alcaide no DRAE.
- ↑ alcaide no DRAE.
- ↑ alcalde no Merriam Webster Unabridged Dictionary.
